Johan Ludvig Runeberg |
|
Nacemento | 5 de febreiro de 1804 Jakobstad, Finlandia |
---|
Morte | 6 de maio de 1877 (73 anos) Porvoo, Finlandia |
---|
Lugar de sepultura | Porvoo |
---|
Grupo étnico | Sueco-finlandeses (pt) |
---|
Relixión | Luteranismo |
---|
Educación | Royal Academy of Turku (en) |
---|
|
Campo de traballo | Poesía |
---|
Ocupación | escritor, xornalista, poeta, escritor de himnos |
---|
Período de actividade | 1827 - |
---|
Membro de | |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Fredrika Runeberg (1831–1877), morte |
---|
Fillos | Ludvig Mikael Runeberg, Lorenzo Runeberg, Walter Magnus Runeberg, Johan Wilhelm Runeberg, Fredrik Runeberg |
---|
Pai | Lorenz Ulrik Runeberg |
---|
Irmáns | Carolina Runeberg |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Svenskt biografiskt handlexikon (en) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Рунеберг Йохан Людвиг) Obálky knih, |
---|
Sitio web | runeberg.net |
---|
|
Johan Ludvig Runeberg, o 5 de febreiro de 1804 nado en Jakobstad (daquela parte do Reino de Suecia) e finado o 6 de maio de 1877 en Porvoo (daquela pertencente ao Gran Ducado de Finlandia), foi un poeta, profesor, xornalista e sacerdote finlandés.[1] Runeberg é considerado o poeta nacional finlandés. A súa obra en lingua sueca tamén tivo un grande impacto na literatura sueca.[2] A súa muller foi a escritora Fredrika Runeberg (de solteira Tengström).[3]
Runeberg é o autor da letra de Maamme (orixinalmente en sueco Vårt land, en galego A nosa terra), o himno nacional de Finlandia con música de Fredrik Pacius.[4]
O día 5 de febreiro celébrase en Finlandia o Runebergin päivä (en galego Día de Runeberg),[5] nese día é habitual atopar á venda o Runebergintorttu (en galego Pastel de Runeberg), un pasteliño cuxa receita orixinal tería creado a súa muller Fredrika Runeberg, segundo conta a lenda.[6]
Notas