Xavier Tebas Medrano[1], máis coñecido como Javier Tebas, nado en San Xosé (Costa Rica) o 31 de xullo de 1962, é un avogado e directivo español procedente de Huesca, considerado un dos dirixentes máis influentes do fútbol mundial.[2][3] Desde 2013 é o presidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional (tamén coñecida como LFP ou LaLiga) tras ser reelixido en decembro de 2023 para un cuarto mandato ata 2027.[4][5] Tebas prometeu que este será o seu último mandato.[6]
Nome
Durante o Foro de La Vanguardia «Defensa del ecosistema futbolístico europeo» en marzo de 2023, o moderador do debate preguntoulle a Javier Tebas se o seu nome real e oficial é «Xavier» en catalán, ao que Tebas respondeu que si. Dixo que toda a súa familia lle chamaba «Xavi» e que na escola tamén lle chamaban así.[7][1]
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza, foi delegado provincial en Huesca das mocidades de Fuerza Nueva.[8] A súa conexión co fútbol comeza cando é elixido presidente da Sociedad Deportiva Huesca en 1993, cargo que abandonou en 1998.[9] A súa xestión destacou polo ascenso a Segunda División B e a profesionalización das estruturas do club.
A través do seu despacho asesorou en 1998 ao carismático presentador arxentino Marcelo Tinelli na compra do Club Deportivo Badajoz.[10] Cando Tinelli abandonou o proxecto no ano 2000, quedou á fronte da institución pacense durante dous anos ata vendela en 2002 ao empresario portugués Antonio Barradas.[11]
Foi elixido por primeira vez vicepresidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional no ano 2001, como representante do Badajoz. A pesar de ser señalado por algúns como responsable da desaparición do club, a mesma produciuse dez anos despois da súa saída e durante a súa xestión non aumentaron as débedas contraídas.[12][11]
En 2003 foi elixido representante do G-30,[13] grupo que engloba a trinta clubs de Primeira e Segunda División para a negociación conxunta dos seus dereitos audiovisuais en busca dunha repartición máis equitativa.
Nos anos sucesivos asesorou a diversos clubs de fútbol como Mallorca, Betis, Xerez CD (que o demandou pola xestión da súa concurso de acredores[14] e cuxa querela foi desestimada e arquivada definitivamente[15]), Rayo Vallecano, Granada, Real Valladolid e Huesca.[16] Tamén defendeu como avogado ao polémico empresario ucraíno Dmitry Piterman, propietario do Alavés.[17]
O 15 de febreiro de 2013 anunciou que se presentaría ás eleccións á presidencia da Liga convocadas para o 27 de abril,[18] sendo proclamado presidente o 26 de abril, ao ser o único candidato avalado por 32 dos 42 clubs con dereito a voto.[19] O 11 de outubro de 2016 foi reelixido co aval de 37 dos 42 clubs con dereito a voto para un segundo mandato.[20]
En 2014 publicou xunto a Pedro Torrens a súa primeira novela titulada "El fútbol no es así", unha ficción que foi levada á pantalla por Directv en formato de serie.[21]
No mes de xaneiro do 2018 a Serie A italiana realizou unha oferta a Javier Tebas para asumir a dirección da mesma, co obxectivo de aplicar os coñecementos do directivo e investir a tendencia decrecente do fútbol italiano no contexto mundial. Os clubs de LaLiga reaccionaron aprobando por 35 votos dos 42 posibles unha mellora salarial vinculada a unha cláusula de non competencia que impida a fichaxe de Tebas por calquera outra liga do mundo.[22]
En decembro de 2019 foi reelixido para un terceiro mandato ata 2024.[23] En decembro de 2023 foi reelexido para un cuarto mandato ata 2027. E Tebas prometeu que este será o seu último mandato.
Vida persoal
Javier Tebas é pai de catro fillos e está casado coa economista Marta Coiduras, que ademais é socia do seu despacho profesional.[24]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 ¡Tebas desvela que su nombre real es Xavi!
- ↑ "Guardiola y Tebas, únicos españoles entre los más influyentes en el fútbol". As. 31 de marzo de 2017.
- ↑ "Javier Tebas legisla, ejecuta y juzga en el fútbol español". mallorcadiario.com. 31 de decembro de 2012.
- ↑ "LaLiga reelige a Javier Tebas como presidente para su cuarto mandato". Libertad Digital (en castelán). 2023-12-12. Consultado o 2024-02-25.
- ↑ "Tebas es reelegido como presidente de LaLiga de forma definitiva". As.com (en castelán). 2023-12-12. Consultado o 2024-02-25.
- ↑ "Los objetivos de Javier Tebas en su último mandato al frente de LaLiga". Marca.com (en castelán). 2023-12-14. Consultado o 2024-02-25.
- ↑ La intervención completa de Javier Tebas en el Foros de Vanguardia
- ↑ "Presentación de candidatos y programa electoral de Fuerza Nueva". El Periódico de Huesca. 10 de outubro de 1982. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2020.
- ↑ Ferrer, Jaime (20 de maio de 1996). "El Terrassa se queda sin playoff" (PDF). Mundo Deportivo: 39.
Al final del choque, el presidente del Huesca, Javier Tebas, anunció su dimisión, aduciendo razones de “cansancio”
- ↑ "Tinelli y la aventura argenta". Los Andes. 27 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2016.
- ↑ 11,0 11,1 Axencia EFE (17 de outubro de 2001). "Marcelo Tinelli vendió el Badajoz a un portugués". Terra Networks. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2017. Consultado o 17 de xuño de 2020.
- ↑ Clemente Simón, Jeremías (15 de agosto de 1998). "El Badajoz busca una estrella". El País.
- ↑ Sanz, Óscar (22 de agosto de 2003). "El G-30 insiste en su plante". El País.
- ↑ "Javier Tebas, imputado". Diario de Jerez. 16 de outubro de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ eldesmarque.com "Desestimada la querella del Xerez contra Tebas", 22/09/2015
- ↑ Hernández, Javier (28 de xullo de 2012). "Javier Tebas, el hombre de las mil y una caras". AS.
- ↑ Ruiz de Equisde, F. (21 de maio de 2012). "Piterman recurre la sentencia que le condena a pagar 6,8 millones al Alavés". El Correo.
- ↑ Axencia EFE (15 de febreiro de 2013). "Javier Tebas se presentará a la presidencia de la Liga de Fútbol Profesional". Sport.
- ↑ "Javier Tebas, proclamado definitivamente como nuevo presidente de la Liga". Libertad Digital. 26 de abril de 2013.
- ↑ "Tebas, reelegido presidente de laLiga: del salvavidas de los clubes de fútbol...". BOLSAMANIA. Consultado o 14 de febreiro de 2018.
- ↑ ""El fútbol no es así", novela de Javier Tebas, da el salto a la televisión". Mundo Deportivo. Consultado o 17 de octubre de 2018.
- ↑ "Aprobado el sueldo de 1,2M€ a Tebas con Real Madrid, Athletic, Celta y dos segundas en contra". Diario As. 13 de febreiro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2018.
- ↑ "Liga | Javier Tebas, reelegido presidente de LaLiga por tercera vez". RTVE.es (en castelán). 23 de decembro de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Tebas Coiduras | Estudio Legal y Tributario". Consultado o 17 de novembro de 2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas