LaLiga

Liga de Fútbol Profesional
TipoLiga profesional
Fundación26 de xullo de 1984
LocalizaciónMadrid
Na rede
https://www.laliga.com/
Facebook: LaLiga Twitter: laliga Instagram: laliga BNE: XX108575 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Liga de Fútbol Profesional (LFP), coñecida comercialmente como LaLiga e oficialmente como Liga Nacional de Fútbol Profesional, é unha asociación deportiva integrada polos clubs e as sociedades anónimas deportivas que participan nas categorías profesionais da liga española de fútbol, isto é, a Primeira e a Segunda División. Foi creada en 1984 e forma parte da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), aínda que ten personalidade xurídica propia e goza de autonomía para o seu funcionamento.

A súa principal función, ademais de defender os intereses dos seus asociados, é a organización do Campionato Nacional de Liga na categoría profesional (Primeira e Segunda División) en coordinación coa RFEF.

Historia

En 1977 os clubs FC Barcelona, Athletic Club, Atlético de Madrid e Real Sociedad tentaron crear unha Liga Profesional pero o intento foi freado polo daquela presidente da Real Federación Española de Fútbol, Pablo Porta, coa creación dun Comité Nacional de Fútbol Profesional, o cal ficaría dentro da RFEF sen constituír un órgano xuridicamente independente.[1] Este comité sería o xermolo do que máis tarde sería a LFP.

O primeiro comité executivo da LFP tomou posesión o 30 de decembro de 1983 na sede da Real Federación Española de Fútbol.

A primeira directiva formouse polos seguintes presidentes de clubs profesionais, cos seguintes cargos na LFP:

Contratouse como secretario xeral a Jesús Samper Vidal, que organizou a primeira estrutura económica e administrativa da LFP, e que elaborou os primeiros estatutos, que se aprobaron en 1984. Por mor da aprobación deses estatutos, a LFP fúndase oficialmente o 26 de xullo de 1984.

En 1987 contrátase a Antonio Fernández Fidalgo como director de relacións externas, e en 1991 a Pedro Tomás Marqués como xerente e a Carlos del Campo Colás como asesor xurídico.

O 11 de decembro de 1984 Antonio Baró Armengol sucede a Manuel Vega-Arango na presidencia, que ocupa ata o seu falecemento, o 11 de febreiro de 2001. Realízanse entón unhas eleccións á presidencia, que gaña Pedro Tomás Marqués.

En 1997 a Real Federación Española de Fútbol propuxo a supresión da Liga Nacional de Fútbol Profesional e a súa transformación nun comité de fútbol profesional dentro da RFEF.[2]

Sen esgotar o seu mandato, Tomás deixou o cargo e o 9 de xuño de 2004 o vicepresidente primeiro da LFP, José Luis Astiazarán -presidente da Real Sociedad de Fútbol- asumiu a presidencia en funcións. Tras un ano, Astiazarán deixou o seu posto ante a convocatoria de eleccións, sendo substituído na presidencia interina o 22 de xuño de 2005 por Guillermo Cabello Valero, vicepresidente segundo da LFP e presidente do Terrassa FC. Porén, o descenso deste club a Segunda División B obrigoulle a Cabelo a ceder a presidencia en funcións a Carlos del Campo Colás, secretario xeral da LFP.[3] As eleccións celebráronse finalmente o 15 de xullo de 2005, sendo elixido José Luis Astiazarán como novo presidente, ao obter o aval de 39 dos 42 clubs afiliados á LFP.[4]

O 14 de abril de 2009 Astiazarán dimitiu para anticipar as eleccións,[5] exercendo como presidentes interinos os dous vicepresidentes, Javier Tebas e Jaime Barriuso, xunto ao secretario xeral, Carlos del Campo. Finalmente, o 27 de abril de 2009 Astiazarán foi reelixido presidente tras ser a súa a única candidatura presentada.[6]

O 26 de abril de 2013 foi sucedido no cargo por Javier Tebas, que foi o único candidato que se presentou ás eleccións no seguinte mandato.​[7] O 11 de outubro de 2016 Tebas foi reelixido co aval de 37 dos 42 clubs con dereito a voto para un segundo mandato.[8] A finais de 2019 foi reelixido para un terceiro mandato ata 2024.[9]

Presidentes

Presidente Período
Manuel Vega-Arango Alvaré 1983 - 1984
Antonio Baró Armengol 1984 - 2001
Pedro Tomás Marqués 2001 - 2004
José Luis Astiazarán (interino) 2004 - 2005
Guillermo Cabello (interino) 2005
Carlos del Campo (interino) 2005
José Luis Astiazarán 2005 - 2013
Javier Tebas 2013 - actualidade

Notas