O Institut d'Estudis Catalans (en galego, Instituto de Estudos Cataláns, IEC) é unha institución cultural de Cataluña, privada, fundada por iniciativa de Enric Prat de la Riba, mediante uns acordos coa Deputación de Barcelona o 18 de xuño de 1907 e o 14 de febreiro de 1911, da cal Prat de la Riba era presidente.
Historia e características
Constitúeo unha corporación académica, científica e cultural que ten por obxecto a investigación de tódolos elementos da cultura de Cataluña.
Ditas funcións están recoñecidas polo Real decreto 3118/1976, do 26 de novembro, e a Resolución da Generalitat de Cataluña di 17 de maio do 2001, polo cal se publican os seus estatutos, que recollen a letra e o espírito dos acordos fundacionais. En 1922, foi admitido na Unión Académica Internacional.
A corporación ten a súa sede principal na cidade de Barcelona e estabeleceu delegación en todo o seu ámbito xeográfico de actuación (artigo 6 dos seus estatuto). Dito ámbito de actuación son tódolos lugares de lingua e cultura catalás (artigo 1 do Real Decreto 3118/1976).
A sección filolóxica do IEC cumpre a función de academia da lingua catalá. As súas competencias normativizadoras son recoñecidas en Cataluña, as Illas Baleares e Andorra. No Rosellón, en Francia, a pesar do carácter non oficial da lingua, o Consello Xeral do departamento de Pireneos Orientais tamén recoñece a autoridade do IEC].[1]
Na Comunidade Valenciana, seguen as Normas da Academia Valenciana da Lingua, que son, de feito, as mesmas normas que as do IEC, mentres que na Franxa de Aragón, o catalán falado non ten ningún carácter de oficialidade. O IEC está ultimamente o encargo da revisión do Diccionari català-valencià-balear.
Seccións e sociedades filiais
Seccións
- Histórico-Arqueolóxica.
- Ciencias Biolóxicas.
- Ciencias e Tecnoloxía.
- Filolóxica.
- Filosofía e Ciencias Sociais.
Sociedades filiais
O Institut d'Estudis Catalans conta ademais cunha trintena de sociedades filiais que teñen por obxectivo o estudo dunha ou diversas especialidades científicas ou culturais, que son parte integrante da estrutura académica do Instituto como entidades autónimas e están adscritas a unha das súas seccións. Só a modo de exemplo, pódense citar a Sociedade de Amigos da Arte Románica, a Sociedade Catalá de Matemáticas, a Sociedade Catalá de Sociolingüística ou a Sociedade Catalá de Estudos Numismáticos.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas