Holoturoideos

Cogombros de mar / Holoturias
(Holothuroidea)

Rango fósil: silúrico - actualidade

Cogombro de mar no Aquarium Finisterrae
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
(sen clasif.) Deuterostomia
Filo: Echinodermata
Clase: Holothuroidea
Blainville, 1834
Subclases e Ordes

Os holoturoideos (Holothuroidea, do grego ὁλοθύριον holothurion, "que se axita totalmente",[1]) ou holoturias, coñecidos popularmente como cogombros de mar, carallos de mar ou carallotes,[2] son unha clase do filo dos equinodermos que inclúe animais de corpo vermiforme, alongado e brando, que viven nos fondos dos mares de todo o mundo. Coñécense dende o silúrico, hai uns 400 millóns de anos, e están descritas unhas 1.400 especies viventes.[3]

Pertencen ao mesmo grupo (Echinodermata) que os ourizos de mar ou as estrelas de mar aínda que aparentemente non teñen a simetría pentarradial característica dos demais representantes deste grupo. Considéranse animais cunha simetría bilateral secundaria, xa que internamente os seus órganos e sistemas aparecen nun número múltiplo de 5, como no resto de equinodermos, pero externamente o seu corpo alongado dá a sensación de ter un só eixe de simetría. O corpo é musculoso, en forma de cilindro, e ten unha apertura bucal por un extremo que está rodeada de tentáculos. No outro extremo áchase a abertura anal.

Características

Moitas especies roldan os 20 cm de lonxitude; as holoturias máis pequenas non exceden o centímetro, mentres que as de maior tamaño acadan lonxitudes de 5 m (Synapta maculata).[3]

Son animais de aspecto vermiforme, adaptados á reptación e co corpo de forma prismática pentagonal. As zonas radiais van provistas de pés ambulacrais, estando máis desenvolvidos as inferiores, que teñen función locomotora, mentres que as que se sitúan nos dous radios dorsais teñen unha función sensitiva.

A boca aparece rodeada de numerosos tentáculos que poden ser sinxelos, dixitados (con proxeccións semellantes a dedos), pinnados (en forma de pluma) ou peltados (aplanados e en forma de placa). Posúen un anel calcario que rodea a farinxe que serve para a inserción dos músculos que moven os tentáculos orais e os que contraen o corpo. Na maioría das especies, o esqueleto dérmico típico dos equinodermos está reducido a osículos microscópicos.[3]

Como nos demais equinodermos, o sistema vascular acuífero dos holoturoideos consiste nun anel anterior do que parten longas canles que discorren cara á parte posterior do corpo. Con excepción dos Elasipodida, posúen un madreporito que se abre no celoma, o que contrasta co que ocorre no resto de equinodermos (e en Elasipodida) nos que o madreporito ábrese ao exterior.

Moitas especies, agás os membros de Elasipodida e Apodida, posúen árbores respiratorias usadas no intercambio de gases; trátase de tubos pareados moi ramificados unidos ao intestino preto do ano; este tipo de respiración (respiración cloacal) dáse tamén nos equiuroideos un grupo de vermes celomados non relacionado cos equinodermos.[3]

Bioloxía e ecoloxía

Hábitat

As holoturias viven en case todos os ambientes mariños, pero son máis diversas nas augas tropicais pouco profundas dos arrecifes coralinos. Habitan dende o medio intersticial, onde poden quedar expostos na marea baixa, até as profundas foxas oceánicas. Moitas especies viven soterradas en sedimentos brandos, sendo por tanto bentónicas; pero moitas poden nadar, e algunhas mesmo son membros do plancto, flotando a mercé das correntes.

Alimentación

Os holoturoideos aliméntanse de detritos, algas, nalgúns casos de plancto.

Reprodución

As holoturias reprodúcense por vía sexual. As larvas, de vida planctónica, denomínanse auricularias.

Mecanismos defensivos

As holoturias presentan varios mecanismos defensivos. Cando algún depredador tenta atacar ás holoturias, estes animais logran sobrevivir botando as súas vísceras para que o depredador se distraia comendo tales órganos, os cales despois rexeneran. Tamén empregan fíos mucosos pegañentos que proxectan sobre posibles agresores para irritalos ou inhabilitalos; ademais, nalgúns casos conteñen toxinas (holoturinas). Como defensa contra os parasitos os cogombros de mar sintetizan unha proteína, chamada lectina, a cal inhibe o desenvolvemento de posibles parasitos; é por este motivo que dende o 2007, por métodos transxénicos, téntase que os mosquitos e outros hóspedes de parasitos que producen enfermidades perigosas para o ser humano poidan producir lectina (obtida por transplantes de cromosomas do cogombro de mar); xa está demostrado que a lectina destrúe nas vísceras do posible hóspede os oocinetos de parasitos microscópicos como os que provocan a malaria.

Usos culinarios

En Asia, algunhas das entrañas empréganse en comidas como o suxi, e tamén se comen, unha vez desecados e voltos hidratar, en sopas, típicas especialmente na China onde o trepang é considerado un caro manxar con fortes poderes afrodisíacos. Tamén é un marisco moi prezado no Levante español, coñecido como espardeña.

Notas

  1. "Dicionario médico-biolóxico". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2009. Consultado o 10 de maio de 2010. 
  2. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces.. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Kerr, Alexander M. 2000. Holothuroidea. Sexa cucumbers. Version 01 December 2000. http://tolweb.org/holothuroidea/19240/2000.12.01 in The Tree of Life Web Project, http://tolweb.org/". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2011. Consultado o 10 de maio de 2010.  Ligazón externa en |title= (Axuda)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1) Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Panorama matahari terbit di Pantai Swarangan, Tanah Laut. Pantai Swarangan adalah sebuah objek wisata pantai yang terletak di Desa Swarangan, Kecamatan Jorong, Kabupaten Tanah Laut, Kalimantan Selatan.[1][2] Banyak hal yang bisa dilakukan di sini, mulai dari bermain air di tepian, berenang, hingga hanya sekadar duduk di pinggir pantai dan menikmati keindahan panorama yang ditawarkan.[3] Pantai ini cukup terkenal di kalangan peselancar.[4] Hal ini dikarenakan ge...

 

Узел восьмёрка имеет число отрезков, равное 7 {\displaystyle 7} . Число отрезков — инвариант узла, определяющий наименьшее число прямых «отрезков», которые, соединяясь конец к концу, образуют узел. Говоря более строго, числом отрезков геометрического узла K {\displaystyle K} называетс...

 

American politician (1862–1927) This article includes a list of references, related reading, or external links, but its sources remain unclear because it lacks inline citations. Please help improve this article by introducing more precise citations. (February 2024) (Learn how and when to remove this template message) Ambrose Everett Burnside StephensMember of the U.S. House of Representativesfrom Ohio's 2nd districtIn officeMarch 4, 1919 – February 12, 1927Preceded by...

European noble house originating from Hesse, Germany This article is about the European dynasty, House of Hesse. For the Ghanaian family, see Hesse family. House of HesseParent familyHouse of BrabantCountryGermany, Netherlands, Sweden, FinlandFounded1264; 760 years ago (1264)FounderHenry I, Landgrave of HesseCurrent headDonatus, Landgrave of HesseFinal rulerErnest Louis, Grand Duke of HesseTitlesLandgrave of Hesse (Lower Hesse line, Upper Hesse line, Kassel, Rotenburg, Wanfr...

 

American businessman and government official (born 1969) For the Illinois state legislator, see Owen B. West. Owen WestAssistant Secretary of Defense for Special Operations and Low-Intensity ConflictIn officeDecember 20, 2017 – June 20, 2019PresidentDonald TrumpPreceded byMichael D. LumpkinSucceeded byThomas Alexander (Acting) Personal detailsBornOwen O'Driscoll West (1969-09-24) September 24, 1969 (age 54)Washington, D.C.EducationHarvard University (BA)Stanford University (MB...

 

Pour les articles homonymes, voir Soldati. Mario Soldati Mario Soldati en 1967 Données clés Alias Franco Pallavera Naissance 17 novembre 1906 Turin, Italie Décès 19 juin 1999 (à 92 ans) Tellaro, Lerici, Italie Activité principale Écrivain, réalisateur scénariste Distinctions Prix Stregaprix NapoliPrix Campiello Auteur Langue d’écriture italien Genres roman, nouvelle, essai, scénario Œuvres principales Le Festin du commandeur Les Lettres de Capri L'Épouse américaine modif...

Державний комітет телебачення і радіомовлення України (Держкомтелерадіо) Приміщення комітетуЗагальна інформаціяКраїна  УкраїнаДата створення 2003Керівне відомство Кабінет Міністрів УкраїниРічний бюджет 1 964 898 500 ₴[1]Голова Олег НаливайкоПідвідомчі ор...

 

Signed between Lithuania and Soviet Russia on 12 July 1920 Territorial changes ofthe Baltic statesin the 20th century Post World War I Treaty of Versailles (1919) Treaty of Tartu (1920) Soviet–Lithuanian Peace Treaty (1920) Latvian–Soviet Peace Treaty (1920) Suwałki Agreement (1920) Peace of Riga (1921) Klaipėda Revolt (1923) German ultimatum to Lithuania (1939) World War II Lithuanian annexation by the Soviet Union (1940) Latvian annexation by the Soviet Union (1940) Estonian annexatio...

 

Central business district of Seattle, Washington, U.S. Central business district in Washington, United StatesDowntown SeattleCentral business districtAerial view of Downtown Seattle, 2023Downtown Seattle and Downtown Neighborhoods Highlighted in YellowCoordinates: 47°36′29″N 122°20′10″W / 47.60806°N 122.33611°W / 47.60806; -122.33611CountryUnited StatesStateWashingtonCountyKingCitySeattleTime zoneUTC−8 (PST) • Summer (DST)UTC−7 (PDT)Zip Code...

Alcance de acreditación institucional AACSB-EQUIS-AMBA. Número de escuelas de negocio acreditadas con la Triple Corona (AACSB-AMBA-EQUIS) en todo el mundo, a fecha de junio de 2023 El concepto Triple Corona es utilizado en el ámbito de la administración de empresas cuando una escuela de negocios es acreditada por las tres asociaciones internacionales de acreditación más influyentes: Association to Advance Collegiate Schools of Business (AACSB) - en Florida Asociación de MBA (AMBA) - en...

 

Disambiguazione – Se stai cercando il compositore veneto del XVI-XVII secolo, vedi Leone Leoni (compositore). Busto di Carlo V, Madrid, Prado. Leone Leoni (Arezzo, 1509 circa[1] – Milano, 22 luglio 1590) è stato uno scultore, collezionista d'arte e medaglista italiano. Guastalla, monumento a Ferrante I Gonzaga. Sabbioneta, statua di Vespasiano I Gonzaga collocata nel suo mausoleo Indice 1 Biografia 2 Galleria d'immagini 3 Note 4 Bibliografia 5 Altri progetti 6 Collegamenti ester...

 

UK's leading annual garden show (Royal Horticultural Society) This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (September 2019) (Learn how and when to remove this message) Main pavilion at RHS Chelsea Flower Show 2009 The RHS Chelsea Flower Show, formally known as the Great Spring Show,[1] is a garden show held for five days in May by the Royal Horticul...

Ульрих Верницнем. Ulrich Wernitz Прозвище Pipifax Дата рождения 21 января 1921(1921-01-21) Место рождения Йессен, Виттенберг, Саксония-Анхальт, Германия Дата смерти 23 декабря 1980(1980-12-23) (59 лет) Место смерти Фюрстенфельдбрук, Верхняя Бавария, Бавария, ФРГ Род деятельности лётчик-ас Пр�...

 

Questa voce o sezione sull'argomento cantanti non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. KimbraKimbra in concerto a Perth nel 2012, durante il Big Day Out Festival. Nazionalità Nuova Zelanda GenerePop[1]Soul[1]Rock alternativo[1]Jazz[1] Periodo di attività&#...

 

Disambiguazione – Grigioni rimanda qui. Se stai cercando altri significati, vedi Grigioni (disambigua). Canton Grigionicantone(DE) Kanton Graubünden(IT) Canton Grigioni(RM) Chantun Grischun (dettagli) Canton Grigioni – VedutaIl capoluogo Coira LocalizzazioneStato Svizzera AmministrazioneCapoluogo Coira GovernoRegierungsrat, Regenza, Governo (5) LegislatoreGrosser Rat, Cussegl Grond, Gran Consiglio (120) Lingue ufficialitedesco, italiano e romancio Data di istituzione1803 Te...

Political party in the United Kingdom (1981–88) For the current minor political party of the same name, see Social Democratic Party (UK, 1990–present). For other parties with the same name, see Social Democratic Party (UK, 1979) and Social Democratic Party (UK, 1988–1990). Social Democratic Party AbbreviationSDPFounders Roy Jenkins David Owen Bill Rodgers Shirley Williams Founded26 March 1981[1]Dissolved3 March 1988Split fromLabour PartyMerged intoLiberal DemocratsSucc...

 

Disambiguazione – Se stai cercando altri significati, vedi Galeota (disambigua). Una nave spagnola (al centro) attaccata da due galeote algerine (1738) Una galeota olandese del XVII secolo da Willaumez's Dictionnaire de la Marine Una galeota, o scute, che trasporta vino in un fiume francese durante il XVIII secolo La galeota, galliot o galiote, era una nave storica, costruita in tre differenti versioni, per navigare in mari dalle caratteristiche diverse. Indice 1 Vascelli navali 2 Barche p...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Februari 2023. NewsPunchURLnewspunch.com, yournewswire.comTipeBerita palsu,[1][2][3][4][5][6][7][8] Politik, Berita dan OpiniBahasaInggrisBerdiri sejak2014Peringkat Alexa▲ 28,716 (Global, August 2018)...

Politics of Cape Verde Constitution Human rights Executive President José Maria Neves Prime Minister Ulisses Correia e Silva Cabinet Legislature National Assembly President: Jorge Santos Judiciary Supreme Court of Justice Elections Recent elections Presidential: 20162021 Parliamentary: 20162021 Political parties Administrative divisions Concelhos Freguesias Foreign relations Ministry for Foreign Affairs Minister: Luís Filipe Tavares Diplomatic missions of / in Cape Verde Passport Visa requi...

 

Follonica Hockey 1952Hockey su pista Segni distintiviUniformi di gara Casa Trasferta Colori sociali Bianco e azzurro Dati societariCittàFollonica Paese Italia ConfederazioneWSE FederazioneFISR CampionatoSerie A1 Fondazione1952 Presidente Franco Ciullini Allenatore Sergio Silva ImpiantoPista Armeni (1550 posti) Sito webwww.hockeyfollonica.com Palmarès Scudetti4 Trofei nazionali9 Coppe Italia3 Supercoppe italiane1 Coppe di Lega Trofei internazionali1 Coppa CERS/WSE1 Coppa Intercontinenta...