Helene Hanff, nada en Filadelfia o 15 de abril de 1916 e finada en Nova York o 9 de abril de 1977, foi unha escritora en lingua inglesa.
Traxectoria
Naceu nunha familia inmigrante e con poucos recursos. A afección do seu pai ó teatro, mesmo na Gran Depresión, encarreira a vocación de Helene: ser guionista de teatro. Con pouca fortuna económica, vai intentando cultivarse con libros o que nunca puidera conseguir con estudos e comeza a pedir libros clásicos a unha librería de vello en Londres. É así como empeza unha relación de intereses compartidos con Frank e o resto dos libreiros, a quen lles escribe no seu enderezo de 84 Charing Cross Road. É este enderezo o que lle dará título a unha edición da relación epistolar entre eles, que coñecería un grande éxito editorial e varias versións, para o teatro e para o cinema.