Germà Colón i Doménech, nado en Castelló de la Plana en 1928 e finado en Barcelona o 22 de marzo de 2020,[1] foi un lingüista románico e lexicólogo valenciano.
Traxectoria
Foi catedrático da Universidade de Basilea e anteriormente profesor na Universidade de Estrasburgo (1968 - 1972) e da Universidade Autónoma de Barcelona (1973 - 1974). Converteuse en membro da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona e mais da Comisión Lulliana a raíz da publicación das obras completas de Ramon Llull. Foi tamén Doutor honoris causa da Universidade de València e da Universidade de Alacant. Foi membro do consello asesor da colección Els Nostres Clàssics e do equipo editor da revista Estudis de Llengua i Literatura Catalanes. Foi conselleiro de honra da Asociación Internacional de Lingua e Literatura Catalás (da que foi presidente entre 1976 e 1982) e membro numerario do Institut d'Estudis Catalans (IEC). Foille outorgado o Premio Sanchis Guarner da Fundación Jaume I (1987), o Premio de Honra das Letras Valencianas (1988), o Premio Prat de la Riba do IEC (1979), o Premio Serra d'Or (1981), a Cruz de Sant Jordi (1985) e o Premio de Literatura da Generalitat de Cataluña (1987).
Doou a súa biblioteca persoal (máis de 20 000 obras) á Universidade Jaume I de Castelló de la Plana.
Obras
- El léxico catalán en la Romania (1976).
- La llengua catalana en els seus textos (1978)
- El panorama de la lexicografia catalana (1986).
- Problemes de la llengua a València i als seus voltants (1987)
- El español y el catalán, juntos y en contraste (1989).
- Estudis de filologia catalana i romànica (1997).
- Para la historia del léxico español (2002).
- De Ramon Llull al Diccionari de Fabra. Acostament lingüístic als monuments de les lletres catalanes (2003).
Notas