Carnívoros altamente especializados, os félidos caracterízanse polo seu corpo esvelto, coa cabeza curta e fociño moi curto, os ollos son grandes, e as orellas de tamaño mediano, ás veces rematadas nunha guedella de pelos; as patas son de medianas a longas. A cola é de curta a moi longa, segundo as especies, xeralmente cuberta de pelo curto, e ás veces cunha guedella terminal. A súa dentición está formada por un número reducido de dentes (de 28 a 30), estreitos, con bodos afiados, os cairos están sempre ben desenvolvidos, e os molares adaptados para esgazaren a carne. Co seu oído agudo e a súa excelente vista, son os mamíferos cazadores máis sixilosos, grazas á configuración dos seus pés que lles permiten, á excepción do guepardo e algunha especie máis, retraeren as súas unllas dentro dunhas vaíñas das gadoupas mentres non as usan. O pene presenta un óso, reducido ou non. Presentan glándulas perianais, e as femias teñen de 4 a 8 tetos.[2][3]
A súa pelaxe é variada, dependendo da especie, e ofrece unha eficaz protección térmica. É suave, curta ou mediana, ás veces mais longa nas meixelas ou cunha melena no pescozo, nos ombros e no ventre.[3]
Os verdadeiros gatos (subfamilia dos felinos) son de tamaño pequeno ou mediano, moi similares entre si polos seus trazos xerais, e caracterízanse anatomicamente polo seu aparato hioideooseo que lles permite emitir tan só débiles gritos. Os membros da outra subfamilia, a dos panterinos, ademais de seren de maior tamaño, poden ruxir, porque o seu aparato bucal está suspendido dun hioidecartilaxinoso que se pode mover libremente.[2][4]
Hábitat e distribución
Os fédidos encóntranse en todos os tipos de hábitats, pero moitas especies están adaptadas a ambientes particulares. Distribúense pola maior parte do mundo, agás en Madagascar, Australasia e a Antártida, e están particularmente ben representados en África, onde se poden distinguir tres grupos de subfamilias ben caracterizados.[3][5]
Algúns adáptanse a contornos desérticos, outros a zonas húmidas, e algúns a terreos montañosos de grande altitude. As especies que viven en bosques son xeralmente áxiles gabeadoras.[6]
Moitas des especies escasean na actualidade, porque foron obxecto de caza pola súa pel, para aproveitar partes do seu corpo, ou porque o seu hábitat foi, e esta a ser, destruído. O paradigma é o lince ibérico (Lynx pardinus), o félido en maior perigo de extinción.
Os félidos, agás o león son animais xeralmente solitarios e de hábitos nocturnos. Pero o patrón de actividade das especies pode variar de nocturno a crepuscular e diúrno, dependendo das súas especies de presas preferidas.[6]
Todas as especies son carnívoros obrigados e, xa que logo, requiren carne. A maioría consome exclusivamente carne de pequenas, medianas ou grandes presas, e algúns comen peixes,[3][6] e ignoran calquera outra comida que non sexa unha presa viva. Capturan ás súas vítimas coas súas afiadas garras, e adoitan matalas dunha única trabada.
O nome Felidae está formado pola raíz Fel- do seu xénero tipo, Felis, descito en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae, coa adición do sufixo -ǐdae, utilizador para formaren os nomes das familias de animais.
Sinónimos
Ademais de polo nome que lles impuxo Fischer von Waldheim, a familia coñeceuse tamé polos sinónimos seguintes:[7]
Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[7][16] Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[17]
Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[18] E análisesxenéticas moi recentes mostraron que o caracal, o Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[19]
Porén, aínda hoxe moitos autores recoñecen a Profelis como xénero independente.[21]
Orixe e evolución
A familia dos Felidae xurdiu en Eurasia durante o Oligoceno, posiblemente a partir da familia dos Miacidae.
Estes primeiros félidos de pequeno tamaño foron expandíndose, alcanzando África e Norteamérica a principios do Mioceno.
No Mioceno medio diversificáronse, aparecendo os chamados dentes de sabre (Machairodontinae), os felinos e os panterinos, que se dispersaron por Eurasia, África e Norteamérica.
As relacións filoxenéticas dos félidos existentes na acutalidade móstranse no seguiente cladograma, baseado nos estudos das análise de filoxenética molecular de Johnson et al. (2006), [23] no que se expresan as liñaxes, os xéneros e as especies.
Nos últimos anos do século XX e primeiros do XXI as especies xaguarundi (yagouaroundi) e puma (concolor) foron consideradas pola maíoría dos autores como monofiléticas e situadas conxuntamente no xénero Puma.[24][25]
Pero na década de 2010 os expertos da UICN separáronas, colocando ao puma como único membro do xénero Puma, e ao xaguarundi como única especie do xénero Herpailurus.[26][27]
↑Sanderson, J.; Mallon, D.P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. catusArquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. na Lista vermella da UICN. Versión do 2010.4
↑Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
↑Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.
↑Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E.; O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science311 (5757): 73–7. PMID16400146. doi:10.1126/science.1122277. Consultado o 14 de outubro de 2018.
↑Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science. 311 (5757): 73–77.
↑Kitchener, A. C., Breitenmoser-Würsten, C., Eizirik, E., Gentry, A., Werdelin, L., Wilting A., Yamaguchi, N., Abramov, A. V., Christiansen, P., Driscoll, C., Duckworth, J. W., Johnson, W., Luo, S.-J., Meijaard, E., O’Donoghue, P., Sanderson, J., Seymour, K., Bruford, M., Groves, C., Hoffmann, M., Nowell, K., Timmons, Z. & Tobe, S. (2017). "A revised taxonomy of the Felidae: The final report of the Cat Classification Task Force of the IUCN Cat Specialist Group"(PDF). Cat News. Special Issue 11. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 31 de xullo de 2017. Consultado o 10 de decembro de 2018.
Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-603-01019-0.