Nikolai Alekséievich Sévertsov (en ruso Николáй Алексе́евич Се́верцов), coñecido nas linguas latinas como Nikolai Severtzov, nado o 5 de novembro de 1827 e finado o 8 de febreiro de 1885, foi un explorador e naturalista ruso.
Traxectoria
Severtzov estudou na Facultade de Física e Matemáticas da Universidade de Moscova e, aos 18 anos, entrou en contacto co científico Grigori S. Karelin e interesouse pola Asia central.
En 1857 uniuse a unha expedición ao río Sir Daria (no actual Kazakhstán).[1] Nesta expedición foi capturado por uns bandidos e liberado un mes despois por militares rusos. Regresaría a esta rexión, a Tashkent, en 1864.
Contou a historia da súa aventura en Un mes de cativerio entre os kokandianos. Cun mapa do baixo Syr-Darya, publicado en San Petersburgo en 1860.[2]
Entre 1865 e 1868 explorou as montañas de Tian Shan (gran sistema montañoso da Asia central, localizado na rexión fronteiriza entre os actuais Kazakhstán, Kirguizistán e a República Popular da China), e o lago Issyk Kul.
En 1877-1878 visitou as montañas do Pamir, seguindo unha ruta próxima á actual estrada, chegando ao lago Yashil Kul e o río Ghunt. Alí estudou as liñas de migración das aves da Asia Central.
Severtzov publicou moitos libros sobre o reino animal, entre eles escribiu Distribución vertical e horizontal da vida salvaxe de Turquestán (1873), que incluía a primeira descrición de numerosas especies e subespecies, entre elas 384 de aves.
Unha subespecie de argalí (carneiro salvaxe) descrita por el, logo se denominou na súa honra Ovis ammon severtzovi. E unha especie de frinxílido, Carpodacus severtzovi, foi dedicada a el por Richard Bowdler Sharpe.
O 8 de febreiro de 1885 Severtzov morreu accidentalmente, afogado no río Don.[1]
Abreviatura
A abreviatura Severtzov emprégase para recoñce a Nikolai Severtzov como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas