Puma

Puma
Puma concolor

Rango fósil:
Plistoceno - Holoceno
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: Puma
Especie: P. concolor
Nome binomial
Puma concolor
(Linnaeus, 1771)
Área de distribución do puma En laranxa: extinguido ou poboación escasa En vermello: poboación actual abundante
Área de distribución do puma
En laranxa: extinguido ou poboación escasa
En vermello: poboación actual abundante

Área de distribución do puma
En laranxa: extinguido ou poboación escasa
En vermello: poboación actual abundante
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
  • Felis concolor Linnaeus, 1771

O puma, Puma concolor, é un mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, orixinario de América.

Características

É o segundo maior felino no Novo Mundo, despois do xaguar, e o cuarto máis grande do mundo, co leopardo, despois do tigre, o león, e o propio xaguar. O seu tamaño é maior que o do leopardo das neves, aínda que está máis emparentado cos pequenos felinos (gatos).

Como cazador e depredador de emboscada, o puma persegue unha ampla variedade de presas. O seu principal alimento son os ungulados coma o cervo, en particular na parte setentrional da súa área de distribución, pero tamén caza camélidos coma o guanaco e especies tan pequenas como roedores e mesmo insectos. Trátase dun animal territorial cunha baixa densidade de poboación. Cada territorio dun puma dependerá da súa extensión, a vexetación, e a abundancia de presas. Aínda que é un gran depredador, non sempre é a especie dominante na súa área de distribución, como cando compite cos animais de presa como o lobo gris mexicano (Canis lupus baileyi), o xaguar, o oso negro americano (Ursus americanus) ou o oso pardo. Trátase dun felino solitario que polo xeral evita as persoas. É raro que un puma ataque un ser humano, aínda que se rexistrou un aumento na frecuencia nos últimos anos.[2]

O puma foi considerado unha praga perigosa a partir da colonización europea de América. Sumado á progresiva ocupación humana dos hábitats do puma, significou que as poboacións diminuíron en moitas partes da súa media histórica. En particular, o puma extinguiuse na parte oriental de América do Norte,[3] tirante un caso illado da subpoboación, en perigo de extinción, no sur da Florida.[4] Rexistros recentes confirmados, e o hábitat adecuado no medio oeste dos Estados Unidos, indican intentos de recolonización.[5]

Coa súa ampla distribución xeográfica, o puma ten decenas de nomes e é mencionado con diversas referencias na mitoloxía dos pobos indíxenas de América e tamén na cultura contemporánea. Ten o récord Guinness do animal co maior número de nomes, con máis de 40 só en inglés.[6]

Dimensións

Lonxitude de cabeza e tronco, 100-150 cm; lonxitude da cola, 60-90 cm; peso, 30-80 kg.[7]

Reprodución e lonxevidade

Camada, de 1 a 5 cachorros, (normalmente 2 ou 3); lonxevidade, de 8 a 12 anos, raramente máis de 12.[7]

Hábitat e distribución

Este gran felino solitario vive en máis lugares que calquera outro mamífero salvaxe terrestre do hemisferio occidental.[4] Esténdese dende o Yukón, no Canadá, até o sur dos Andes de América do Sur.[8]

O puma é adaptable e xeralista, polo que se encontra nos principais biomas de toda América, incluídos os altos Andes (até os 5 800 msnm no sur do Perú).[4]

Prefire hábitats con densa vexetación durante as horas de axexo, pero pode vivir en zonas abertas.

Taxonomía

Puma sentado. Obsérvese a similitude co gato doméstico.
Puma concolor concolor.
Puma concolor puma.

Descrición

O puma foi descrito en 1771 por Linneo en Mantissa Plantarum, 2: 266, co nome de Felis concolor.[9]

Reclasificación

En 1917 foi incluído no xénero Puma por Pocock.[10]

Etimoloxía

Para a do xénero, véxase Puma. O epíteto específico, concolor, Linneo tirouno do latín concolor, concolōris, 'da mesma cor', 'de cor uniforme'.

Clasificación

Aínda que a maioría dos autores recoñecen no xénero dúas especies,[11][12] recentemente algúns consideran unha soa, Puma concolor, e saparan a outra nun novo xénero, Herpailurus, coa única especie Herpailurus yagouaroundi.[13][14]

Subespecies

Até finais dos anos 1980, na especie, sexa monotípica on non, rexistráronse até 32 subespecies. Pero un estudo xenético do ADN mitocondrial demostrou que moitas delas eran demasiado similares como para seren recoñecidas como distintas a nivel molecular.[8] Tras esta investigación, a maioría dos autores recoñecen as seguintes seis subespecies, cinco das cales encóntranse unicamente na América Latina:[1][9][15]

  • Puma concolor (Linnaeus, 1771)
    • Puma concolor anthonyi (Nelson e Goldman, 1931) — no leste de América do Sur.
    • Puma concolor cabrerae Pocock, 1940 — na Arxentina.
    • Puma concolor concolor (Linnaeus, 1771) — no norte de América do Sur.
    • Puma concolor costaricensis (Merriam, 1901) — en América Central.
    • Puma concolor couguar (Kerr, 1792) — desde o suroeste do Canadá até o norte de Nicaragua.
    • Puma concolor puma (Molina, 1782) — no sur de América do Sur.

Porén, a partir de 2017, o Cat Classification Taskforce of the Cat Specialist Group da UICN só recñece dúas subespecies:[13]

  • Puma concolor concolor, para América do Sur, posibelmente excluíndo a rexión noroeste dos Andes, e
  • Puma concolor couguar, para América Central e do Norte, e posibelmente o noroeste de América do Sur.

Poboación

A principios da década de 1990, a poboación canadense estimouse en aproximadamente entre 3 500 e 5 000 individuos, e a do oeste dos Estados Unidos de América en 10 000. A poboación de América Central e do Sur é probabelmente moito maior, aínda que non está clara a abundancia da especie na densa selva tropical da cunca do Amazonas.[3] A subpoboación da Florida, de tan só uns de 100 a 180 espécimes, está illada, e complementouse cunha reintrodución de pumas en Texas.[4] No Brasil a especie considérase "case ameazada", pero as poboacións que viven fóra da cunca do Amazonas considéranse "vulnerábeis".[16] O puma así mesmo considérase case ameazado no Perú,[17] Arxentina,[18] e Colombia.[19] Non hai datos da súa situación en Chile.[1]

Ameazas

Os pumas están ameazados pola perda e fragmentación do seu hábitat e pola caza furtiva. Son perseguidos en toda a súa área de distribución por cazadores debido á depredación que exercen sobre o gando, e por temor, debido a que representan unha ameaza para a vida humana. De eito, os pumas mataron varias persoas no oeste do Canadá e dos Estados Unidos nos últimos anos. A súa caza é legal en varios dos Estados dos Estados Unidos, aínda que a súa caza foi prohibida por un referendo popular en California en 1990. As mortes por atropelos en estradas son a principal causa de mortalidade na subpoboación da Florida, e as estradas constitúen, ademais, unha gran barreira para os movementos e a dispersión dos pumas.[4]

Status

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status desta especie como LC (pouco preocupante) porque é un dos mamíferos máis distribuídos no hemisferio occidental. Aínda que foi eliminada da súa antiga área de dispersión no nordeste de América do Norte,[3] está intentandose recolonizar esta rexión,[5][20] e as poboacións son o suficientemente seguras para a caza regulada no oeste de Norteamérica. Porén, considérase que está a diminuír noutras partes da súa área, e como un gran carnívoro vinculado a outras asociacións de vida salvaxe e hábitat, desde unha perspectiva social e política a súa conservación e xestión presenta numerosos desafíos.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Nielsen, C., Thompson, D., Kelly, M. & Lopez-Gonzalez, C. A. (2015): Puma concolor (Linnaeus, 1771) Arquivado 08 de xuño de 2019 en Wayback Machine. na Lista Vermella da IUCN. Versión 2018-1. Consultada o 19 de novembro de 2018.
  2. McKee, Denise (2003): "Cougar Attacks on Humans: A Case Report". Wilderness and Environmental Medicine. Wilderness Medical Society. 14 (3): 169–173.
  3. 3,0 3,1 3,2 Nowell, K. and Jackson, P. (1996): Wild Cats. Status Survey and Conservation Action Plan. Gland, Switzerland and Cambridge, UK: IUCN/SSC Cat Specialist Group. ISBN 2-8317-0045-0.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Sunquist, Melvin E. & Sunquist, Fiona 2002.
  5. 5,0 5,1 LaRue, M. A. and Nielsen, C. K. (2011): "Modelling potential habitat for cougars in midwestern North America" Arquivado 11 de agosto de 2017 en Wayback Machine.. Ecological Modelling 222: 897-900.
  6. The Guinness Book of World Records. 2004. p. 49. 
  7. 7,0 7,1 [1] en IUNC, Cats Specialist Group.
  8. 8,0 8,1 Culver, M.; Johnson, W. E.; Pecon-Slattery, J. and O'Brien, S. J. (2000): "Genomic Ancestry of the American Puma". Journal of Heredity 91 (3): 186–197.
  9. 9,0 9,1 Puma concolor en MSW.
  10. Pocock, R. I. (1917): "The Classification of existing Felidae". The Annals and Magazine of Natural History. Serie 8, Volume XX: 329–350.
  11. Puma en MSW.
  12. Puma Jardine, 1834 no ITIS.
  13. 13,0 13,1 Kitchener, A. C. et al. (2017): "A revised taxonomy of the Felidae: The final report of the Cat Classification Task Force of the IUCN Cat Specialist Group". Cat News. Special Issue 11. Consultada o 18 de novembro de 2018.
  14. Caso, A., de Oliveira, T. & Carvajal, S. V. (2015): Herpailurus yagouaroundi na Lista Vermella da IUCN. Versión 2018-2. Consultada o 18 de novembro de 2018.
  15. Puma concolor (Linnaeus, 1771) no ITIS.
  16. Machado, A. B. M., Drummond, G. M. and Martins, C. S. (2005): "Lista da Fauna Brasileira Ameaçada de Extinção: Incluindo as Espécies Quase Ameaçadas e Deficientes em Dados". Belo Horizonte: Fundação Biodiversitas.
  17. Instituto Nacional de Recursos Naturles (2006): Plan Nacional de Reforestación Arquivado 24 de outubro de 2018 en Wayback Machine.. Lima: Ministerio de Agricultura.
  18. Ojeda, Ricardo A.; Chillo, Verónica y Díaz Isenrath, Gabriela B., eds. (2000): Libro rojo: mamíferos amenazados de la Argentina Buenos Aires: Sociedad Argentina para el Estudio de los Mamíferos (SAREM).
  19. Mahecha, J. V., Alberico, M., Trujillo, F. y Jorgenson, J. (2006): Libro Rojo de los Mamíferos de Colombia. Serie Libros Rojos de Especies Amenazadas de Colombia. Bogotá: Conservación Internacional Colombia & Ministerio de Ambiente, Vivienda y Desarrollo Territorial.
  20. Thompson, D .J. and Jenks, J. A. (2010): "Dispersal movements of subadult cougars from the Black Hills: the notion of range expansion and recolonization" Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Ecosphere 1: 1-11.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

GatePoster teatrikalNama lainHangul게이트 Alih Aksara yang DisempurnakanGe-i-teu SutradaraShin Jai-hoProduserOh Pil-jinDitulis olehLee Hyun-cholSong Chang-yongPemeranJung Ryeo-wonIm Chang-jungJung Sang-hoonLee Geung-youngLee Moon-sikKim Do-hoonPenata musikIm Chang-jungSinematograferLee Sang-minPenyuntingSteve ChoiDistributorJoy N CinemaTanggal rilis 28 Februari 2018 (2018-02-28) Durasi92 menitNegaraKorea SelatanBahasaKoreaPendapatankotorUS$763,899[1] Gate (Hangul&#...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Desember 2023. LââmLââm, 2013Informasi latar belakangLahir1 September 1971 (umur 52)AsalParis, PrancisGenrepop, soul, hip hopPekerjaanpenyanyiTahun aktif1998 – sekarangLabelHeben Music, Odeon, Sony/BMGSitus webwww.laam.net Lââm (lahir 1 September 1971) ...

 

PatikrajaDesaBalai Desa PatikrajaNegara IndonesiaProvinsiJawa TengahKabupatenBanyumasKecamatanPatikrajaKode Kemendagri33.02.12.2004 Luas... km²Jumlah penduduk... jiwaKepadatan... jiwa/km² Patikraja adalah desa di kecamatan Patikraja, Banyumas, Jawa Tengah, Indonesia. Lokasi Patikraja berada di sebelah selatan Gunung Slamet (80 km),tepatnya 8KM kearah selatan Kota Purwokerto. Geografis Keadaan geografis wilayah Desa Patikraja seperti di tengah sebuah mangkuk,artinya wilayah Desa Pa...

Badan Kepolisian Nasional警察庁Keisatsu-chōSingkatanNPAIkhtisarDibentuk1 Juli 1954 (1954-07-01)PendahuluMarkas Besar Polisi Wilayah Nasional [ja] (国家地方警察本部code: ja is deprecated , Kokka Chihō Keisatsu Honbu)Personel7,995 (2020)[1]Anggaran¥360,348 miliar (2020)[2]Struktur yurisdiksiLembaga nasionalJepangWilayah hukumJepangMarkas besar2-1-2 Kasumigaseki, Chiyoda, Tokyo 100-8974, JepangSipil4.800Pejabat eksekutifMituhiro Matumoto, Komisaris...

 

Об экономическом термине см. Первородный грех (экономика). ХристианствоБиблия Ветхий Завет Новый Завет Евангелие Десять заповедей Нагорная проповедь Апокрифы Бог, Троица Бог Отец Иисус Христос Святой Дух История христианства Апостолы Хронология христианства Ран�...

 

Palestinian footballer This biography of a living person needs additional citations for verification. Please help by adding reliable sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately from the article and its talk page, especially if potentially libelous.Find sources: Shadi Shaban – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2017) (Learn how and when to remove this template mes...

Toyotomi HidenagaToyotomi HidenagaNama asli豊臣 秀長Nama lahirHashiba Koichirō (羽柴 小一郎)Lahir8 April 1540Meninggal15 Februari 1591(1591-02-15) (umur 50)Pengabdian klan ToyotomiPerang/pertempuranPertempuran YamazakiPertempuran ShizugatakePertempuran Komaki dan NagakuteKampanye KyūshūPasanganChiun'inHubunganChikuami (ayah)Ōmandokoro (ibu)Toyotomi Hideyoshi (kakak tiri)Asahi no kata (saudari)Toyotomi Hidetsugu (keponakan)Toyotomi Hideyori (keponakan)Toyotomi Hidenaga (豊�...

 

Russelian view Semantics LinguisticLogical Subfields Computational Lexical (lexis, lexicology) Statistical Structural Topics Analysis Compositionality Context (language use) Prototype theoryForce dynamics Semantic feature Semantic gap Theory of descriptions Analysis Latent Computational Machine-learning Applications Semantic file system Semantic desktop Semantic matching Semantic parsing Semantic similarity Semantic query Semantic WebSemantic wiki Semantics ofprogramming languages Types Actio...

 

Questa voce sull'argomento contee dell'Illinois è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Contea di Hamiltoncontea LocalizzazioneStato Stati Uniti Stato federato Illinois AmministrazioneCapoluogoMcLeansboro Data di istituzione1821 TerritorioCoordinatedel capoluogo38°04′48″N 88°32′24″W / 38.08°N 88.54°W38.08; -88.54 (Contea di Hamilton)Coordinate: 38°04′48″N 88°32′24″W / 38.08°N 8...

Widespread rash occurring on the body Medical conditionExanthemOther namesExanthemaRash seen in rubellaSpecialtyDermatology An exanthem is a widespread rash occurring on the outside of the body and usually occurring in children.[1] An exanthem can be caused by toxins, drugs, or microorganisms, or can result from autoimmune disease. The term exanthem is from the Greek ἐξάνθημα, exánthēma, 'a breaking out'.[2] It can be contrasted with enanthems which occur in...

 

У этого термина существуют и другие значения, см. Горностай (значения). Горностай Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:Челюстнороты...

 

Các mức năng lượng của electron trong nguyên tử: trạng thái cơ bản (ground state) và các trạng thái kích thích (excited states). Sau khi hấp thụ năng lượng, một electron có thể nhảy từ trạng thái cơ bản lên một trạng thái kích thích năng lượng cao hơn. Trạng thái cơ bản của một hệ cơ học lượng tử là trạng thái có năng lượng thấp nhất. Năng lượng của trạng thái cơ bản được gọi là n�...

Video game digital distribution service This article may contain an excessive amount of intricate detail that may interest only a particular audience. Please help by spinning off or relocating any relevant information, and removing excessive detail that may be against Wikipedia's inclusion policy. (July 2023) (Learn how and when to remove this message) SteamThe Steam client as of June 2023, showing the storeDeveloper(s)Valve CorporationInitial releaseSeptember 12, 2003; 20 years ...

 

الربيع الكرواتي البلد جمهورية يوغوسلافيا الاشتراكية الاتحادية  تعديل مصدري - تعديل   كان الربيع الكرواتي نزاعًا سياسيًا استمر منذ عام 1967 حتى عام 1971 في جمهورية كرواتيا الاشتراكية؛ والتي تُعد حاليًا جزءًا من جمهورية يوغوسلافيا الاشتراكية الاتحادية. كانت كرواتيا واحد�...

 

Bhutesvara YakshisBhutesvara Yakshis, Mathura, 2nd century CE. The Buddhist reliefs of the back of the pillars are visible in the mirror behind. Indian Museum, Kolkata.The Bhutesvara Yakshis in the Mathura Museum.MaterialRed sandstonePeriod/culture2nd century CEDiscovered27°36′00″N 77°39′00″E / 27.60000°N 77.65000°E / 27.60000; 77.65000PlaceMathura, India.Present locationIndian Museum, Kolkata, India. Also Mathura Museum, MathuraMathura, India (Discovery) ...

Cụm tác chiến Biển ĐenHoạt động3 tháng 9 năm 1942 - 15 tháng 3 năm 1943Quốc gia Liên XôPhục vụHồng quân Liên XôChức năngTổ chức tác chiến chiến lượcQuy môPhương diện quân Cụm tác chiến Biển Đen (tiếng Nga: Черноморская группа войск) là một đơn vị tác chiến chiến lược tạm thời của Hồng quân Liên Xô, thuộc Phương diện quân Zakavkaz trong Chiến tranh Vệ quốc vĩ đại....

 

The Vehicle Production GroupIndustryAutomotiveFounded2011Defunct2013; 11 years ago (2013)SuccessorMobility Ventures [1]HeadquartersMiami, U.S.Area servedU.S.Key peopleJohn Walsh (CEO)[2] Fred Drasner (Chairman)[2]ProductsMinivanBrandsMV-1[2] The Vehicle Production Group LLC (commonly referred as VPG)[2] was an American automobile manufacturer. Based in Miami, Florida, it made the wheelchair-accessible taxicabs, the MV-1 (Mobility Vehic...

 

← вересень → Пн Вт Ср Чт Пт Сб Нд             1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30             2024 рік 25 вересня — 268-й день року (269-й у високосні роки) в григоріанському календарі. До кінця року залишається 97 днів. Цей день в історії: 24 вер...

Greek Orthodox monastery in Constantinople Studite monks redirects here. For the Ukrainian religious society, see Studite Brethren. Byzantine miniature depicting the Stoudios Monastery and the Propontis (Sea of Marmara), from the Menologion of Basil II (c. 1000). The Monastery of Stoudios, more fully Monastery of Saint John the Forerunner at Stoudios (Greek: Μονή του Αγίου Ιωάννη του Προδρόμου εν τοις Στουδίου, translit. Monē tou Hagiou Iōann...

 

27th Governor of Victoria The HonourableDavid de KretserAC, FAA, FTSE, FAHMSDe Kretser in 200827th Governor of VictoriaIn office7 April 2006 – 7 April 2011MonarchElizabeth IIPremierSteve BracksJohn BrumbyTed BaillieuLieutenantMarilyn WarrenPreceded byJohn LandySucceeded byAlex Chernov Personal detailsBorn (1939-04-27) 27 April 1939 (age 85)Colombo, British CeylonNationalityAustralianSpouseJan de Kretser (née Warren)EducationCamberwell Grammar Schoo...