O leopardo ou pantera (Panthera pardus)[2] é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros, familia dos félidos e subfamilia dos panterinos. Coma os outros tres grandes panterinos do xénero Panthera (o león, o tigre e o xaguar), presenta unha modificación no ósohioide que lle permite ruxir. O leopardo é denominado comunmente pantera ou pantera negra cando a súa pelaxe presenta unha cor completamente escura por mor do melanismo. Este fenómeno tamén se da entre os xaguares americanos, coa diferenza de que nos leopardos débese a un alelo recesivo e nos xaguares a un alelo dominante.
Características
Os leopardos habitan todo tipo de hábitats, salvo os desertos, sempre que teñan onde se acochar e alimento abondo. Así, atópanse en selvas, sabanas, lugares rochosos, zonas de cultivos etc. Na antigüidade o leopardo era abondoso en toda África e na metade sur de Asia. Daquela, nalgunhas culturas era considerado un cruzamento entre león e pantera, como se reflicte no seu nome, que se compón das palabras gregas λέων leōn (león) e πάρδος pardos (pantera macho). Actualmente é moito menos frecuente atopalo en Asia, pero segue tendo unha presenza importante na zona central de África.
O leopardo ten a cabeza redonda e a cola longa e fina. As súas patas son potentes, con 4 dedos nas patas de atrás e 5 nas de diante, sendo tódalas súas garras retráctiles. As diversas subespecies presentan tamaños moi variados. Acadan unha lonxitude de 91 a 191 centímetros sen ter en conta a cola, que pode medir de 58 a 110 cm. A altura pode variar entre 45 e 78 centímetros. Os machos adultos chegan a pesar entre 37 e 90 quilogramos, e as femias entre 28 e 60.
A súa alimentación consiste en animais medianos ou pequenos. Na súa dieta inclúense monos, porcos, cervos, chacales, antílopes, aves, gando etc. Adoita gardar parte da súa caza nas árbores para non ter que comer ás presas e que lle rinda varios días. Os leopardos cazan preferentemente pola noite e descansan polo día, ocupando covas ou pólas das árbores, dende as que tamén vixían a presenza de presas ou de ameazas como leóns, hienas ou tigres.
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1758 por Linneo no Tomo 1, páxina 41, da 10ª edición do seu Systema Naturae,[3] baixo o nome de Felis pardus.[4]
Malia que no pasado houbo máis subespecies, hoxe varias están extinguidas. Na actualidade a maioría dos autores recoñecen as seguintes 8 subespecies:[3][4]
DeRuiter, D. J.; Berger, L. R. (2000). "Leopards as Taphonomic Agents in dolomitic Caves—Implications for bone Accumulations in the Hominid-bearing Deposits of South Africa". Journal of Archaeological Science27 (8): 665–684. doi:10.1006/jasc.1999.0470.
Allsen, Thomas T. (2007). "Natural History and Cultural History: The Circulation of Hunting Leopards in Eurasia, Seventh-Seventeenth Centuries". En Mair, Victor H. Contact and Exchange in the Ancient World. Honolulu: University of Hawai'i Press. ISBN978-0-8248-2884-4.