Fred Hoyle

Modelo:BiografíaFred Hoyle

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1915 Editar o valor en Wikidata
Bingley, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 2001 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Bournemouth, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Professor Plumiano de Astronomia e Filosofia Experimental (pt) Traducir
1957 – 1972
← Harold JeffreysMartin Rees (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEmmanuel College (pt) Traducir (1933–1939)
Bingley Grammar School (en) Traducir (1926–1932) Editar o valor en Wikidata
Director de teseRudolf Peierls (pt) Traducir, Paul Dirac e Maurice Pryce (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguionista, matemático, escritor de non ficción, escritor de ciencia ficción, astrofísico, profesor universitario, escritor, físico, astrónomo, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cardiff, honorary professor (en) Traducir (1975–2001)
Universidade Vitoria de Manchester, honorary professor (en) Traducir (1972–2001)
Universidade de Cambridge (1945–1972)
Almirantado do Reino Unido (pt) Traducir (1939–1945) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
DoutorandoJayant Narlikar (pt) Traducir, Cyril Domb (pt) Traducir, John Moffat, Leon Mestel (pt) Traducir, Raymond McLenaghan (en) Traducir, Peter Philip Eggleton (en) Traducir, Sverre Aarseth (pt) Traducir, Dorothy Joan Crampin (en) Traducir, James Dungey (pt) Traducir, John Faulkner (en) Traducir, Kenneth Griffiths (en) Traducir, Robert S. Stobie (en) Traducir, Chandra Wickramasinghe (pt) Traducir, Christine M. Bondi (en) Traducir, Peter Alan Sweet (pt) Traducir e John Gribbin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosGeoffrey Hoyle Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAstronomers: A Biographical Reference (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webhoyle.org.uk Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0398378 BNE: XX1155784 Musicbrainz: 40b69df4-e4f6-400b-b3c6-1981c6424eeb WikiTree: Hoyle-1168 Editar o valor en Wikidata

Fred Hoyle, nado en Bingley o 24 de xuño de 1915 e finado en Bournemouth o 20 de agosto de 2001,[1] foi un astrónomo inglés. Formulou a teoría da nocleosíntese estelar. Mantivo diversas controversias, como en contra do big-bang (termo que creou) ou a favor da Panspermia como orixe da vida terrestre.[2][3][4] Foi autor tamén de diversas obras de ficción científica e divulgación científica, algunhas delas, co seu fillo Geoffrey Hoyle.

A maioría do seu traballo desenvolveuno no Instituto de Astronomía de Cambridge, do que foi director seis anos.

Vida e carreira científica

Hoyle naceu en Gilstead, Bingley, Riding West in Yorkshire, Inglaterra.[5] O seu pai, Ben Hoyle, foi violinista e traballou no comercio de la en Bradford, exerceu como tirador de metralladora na primeira guerra mundial.[6] A súa nai, Mabel Pickard, estudara música no Royal College of Music de Londres e despois traballou como pianista acompañante de cine mudo. Hoyle foi educado na Bingley Grammar School e en 1933 ingresou en Cambridge, onde estudou matemáticas no Emmanuel College[7]

En 1936 gañou o premio Mayhew (xunto con George Stanley Rushbrooke).

A finais de 1940, Hoyle deixou Cambridge para ir a Portsmouth para traballar para o Almirantado na investigación do radar, onde que ideu un método para obter a altitude dos avións entrantes. Tamén se encargou das medidas contra as armas guiadas por radar atopadas no Graf Spee.[8]

A notar que o proxecto de radar británico empregou máis persoal que o proxecto Manhattan. Dous compañeiros clave neste traballo de guerra foron Hermann Bondi e Thomas Gold, e os tres tiveron moitas e profundas discusións sobre cosmoloxía. O traballo no radar pagoulle un par de viaxes a norteamérica, onde aproveitou para visitar astrónomos. Nunha viaxe a Estados Unidos aprendeu sobre supernovas en Caltech e Monte Palomar e, no Canadá, a física nuclear da implosión e explosión de plutonio: notou certa semellanza entre ambos e comezou a pensar na nucleosíntese das supernovas. No seu momento tivo unha intuición, referindo "Voume facer un nome se isto funciona". Finalmente (1954) publicou o seu preclaro paper. Tamén formou un grupo en Cambridge para investigar a nucleosíntese estelar nas estrelas comúns e amosouse preocupado pola escaseza da produción de carbono estelar nos modelos existentes. Observou que un dos procesos existentes sería mil millóns de veces máis produtivo se o núcleo do carbono 12 tivese resonancia en 7,7 MeV, pero os físicos nucleares non a atopaban. Noutra viaxe visitou o grupo de física nuclear de Caltech, pasando uns meses alí e persuadiunos contra o seu considerable escepticismo para buscar e atopar o estado de Hoyle no carbono-12, a partir do cal elaborou unha teoría completa da nucleosíntese estelar, en coautoría con algúns membros do grupo Caltech.

Despois da guerra, en 1945, Hoyle regresou á Universidade de Cambridge, comezando como profesor no St John's College en Cambridge. En Cambridge, do 1945 ao 1973, subiu ao cumio da teoría da astrofísica mundial, a partir dunha asombrosa orixinalidade de ideas que abarcan unha ampla gama de temas. En 1958, Hoyle foi nomeado ao ilustre profesor plumiano de Astronomía e Filosofía Experimental na Universidade de Cambridge. En 1967 converteuse no director fundador do Instituto de Astronomía Teórica (posteriormente pasou a denominarse Instituto de Astronomía) de Cambridge, que o innovador liderado de Hoyle levou a converter nun dos grupos máis importantes do mundo en astrofísica teórica. En 1971 foi convidado a impartir a MacMillan Memorial Lecture na Institución de Enxeñeiros e Construtores Navais en Escocia. Elixiu o tema "Instrumentos astronómicos e a súa construción".[9]

Hoyle foi nomeado cabaleiro en 1972. Renunciou ao seu cargo de profesor plumiano en 1972 e á súa dirección do instituto en 1973, afastándose así da maior parte da súa base de poder, conexións e salario estable.

Despois de abandonar Cambridge, Hoyle escribiu moitos libros de ciencia e ciencia ficción populares, ademais de impartir conferencias en todo o mundo. Parte da motivación para isto foi simplemente ter un medio de vida. Hoyle seguía sendo membro do comité de política mixto (desde 1967), durante a fase de planificación do telescopio anglo-australiano de 150 polgadas no Observatorio Siding Spring de Nova Gales do Sur. Chegou a ser presidente do consello do telescopio anglo-australiano en 1973, e presidiu a súa inauguración en 1974 polo príncipe de Gales. Despois da súa dimisión de Cambridge, Hoyle mudouse ao distrito dos lagos e ocupou o seu tempo cunha mestura de camiñadas polos arredores, escribindo libros, visitando centros de investigación de todo o mundo e traballando en ideas científicas que foron rexeitadas case universalmente. O 24 de novembro de 1997, mentres camiñaba polos altos do oeste de Yorkshire, preto da casa da súa infancia en Gilstead, Hoyle caeu nun escarpado barranco chamado Shipley Glen. Aproximadamente doce horas despois, Hoyle foi atopado por un can de busca. Estivo hospitalizado durante dous meses con pneumonía e problemas nos riles (ambos derivados de hipotermia), así como un ombreiro roto da caída. Despois pasou a un forte declive, sufrindo problemas de memoria e axilidade mental. En 2001 sufriu unha serie de golpes e morreu en Bournemouth o 20 de agosto dese mesmo ano.

Honores

Premios e distincións

Co seu nome

  • Edificio Hoyle, Instituto de Astronomía, Cambridge
  • Asteroide 8077 Hoyle
  • Janibacter hoylei, especie de bacteria descuberta por científicos do ISRO (Indian Space Research Organisation)
  • Sir Fred Hoyle Way, vía pública parte da A650 en Bingley, Inglaterra.
  • Premio e Medalla Fred Hoyle do Instituto de Física (IOP, Institute of Physicis, Reino Unido)

Obras

Non ficción

  • The Nature of the Universe – a series of broadcast lectures, Basil Blackwell, Oxford 1950 (primeiro uso da expresión 'big bang')
  • Frontiers of Astronomy, Heinemann Education Books Limited, Londres, 1955. The Internet Archive. HarperCollins, ISBN 978-0060027605
  • Burbidge, E.M., Burbidge, G.R., Fowler, W.A. e Hoyle, F., "Synthesis of the Elements in Stars Arquivado 24 de xuño de 2016 en Wayback Machine.", Revs. Mod. Physics 29:547–650, 1957, O artigo B2FH, das súas iniciais, polo que Hoyle é máis famoso entre os cosmólogos.
  • Astronomy, A history of man's investigation of the universe, Crescent Books, Inc., Londres 1962, LCCN 62-14108
  • Of men and galaxies, Seattle University of Washington, 1964, ASIN B0087VKR70
  • Galaxies, Nuclei, and Quasars, Harper & Row, Publishers, Nova York, 1965, LCCN 65-20996
  • Nicolaus Copernicus, Heinemann Educational Books Ltd., Londres, p. 78, 1973
  • Astronomy and Cosmology: A Modern Course, 1975, ISBN 0-7167-0351-3
  • Energy or Extinction? The case for nuclear energy, 1977, Heinemann Educational Books Limited, ISBN 0-435-54430-6. Neste pequeno libro Hoyle estuda a dependencia da civilización actual da enerxía e establece como esencial para a supervivencia o aproveitamento da enerxía nuclear.
  • Ten Faces of the Universe, 1977, W.H. Freeman and Company (San Francisco), ISBN 0-7167-0384-X, ISBN 0-7167-0383-1
  • On Stonehenge, 1977, Londres : Heinemann Educational, ISBN 978-0-435-32958-7; San Francisco: W.H. Freeman and Company, ISBN 0-7167-0364-5, 0-7167-0363-7 pbk.
  • Lifecloud – The Origin of Life in the Universe, Hoyle, F. e Wickramasinghe C., J.M. Dent and Sons, 1978. ISBN 0-460-04335-8
  • Diseases from Space (con Chandra Wickramasinghe) (J.M. Dent, Londres, 1979)
  • Commonsense in Nuclear Energy, Fred Hoyle e Geoffrey Hoyle, 1980, Heinemann Educational Books Ltd., ISBN 0-435-54432-2
  • The big bang in astronomy, New Scientist 92(1280):527, 19 de novembro de 1981.
  • Ice, the Ultimate Human Catastrophe,1981, ISBN 0-8264-0064-7 extractos Google Books
  • The Intelligent Universe, 1983
  • From Grains to Bacteria, Hoyle, F. e Wickramasinghe N.C., University College Cardiff Press, ISBN 0-906449-64-2, 1984
  • Evolution from space (the Omni lecture) and other papers on the origin of life 1982, ISBN 0-89490-083-8
  • Evolution from Space: A Theory of Cosmic Creationism, 1984, ISBN 0-671-49263-2
  • Viruses from Space, 1986, ISBN 0906449936
  • Con Jayant Narlikar e Chandra Wickramasinghe, The extragalactic universe: an alternative view, Nature 346:807–812, 30 de agosto de 1990.
  • The Origin of the Universe and the Origin of Religion,1993, ISBN 1-55921-083-4
  • Home Is Where the Wind Blows: Chapters from a Cosmologist's Life (autobiografía) Oxford University Press 1994, ISBN 0-19-850060-2
  • Mathematics of Evolution, (1987) University College Cardiff Press, (1999) Acorn Enterprises LLC., ISBN 0-9669934-0-3
  • Con G. Burbridge e Narlikar J.V. A Different Approach to Cosmology, Cambridge University Press 2000, ISBN 0-521-66223-0

Notas

  1. Burbidge, Geoffrey (2003-12-01). "Sir Fred Hoyle. 24 June 1915 – 20 August 2001 Elected FRS 1957". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 49: 213–247. doi:10.1098/rsbm.2003.0013. 
  2. Mitton, Simon, 1946- (2011). Fred Hoyle : a life in science. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-1-139-04232-1. OCLC 712622004. 
  3. Ferguson, Kitty. (1992). Stephen Hawking : quest for a theory of everything. New York: Bantam Books. ISBN 978-0-553-29895-6. OCLC 26345756. 
  4. Gregory, Jane, 1962- (2005). Fred Hoyle's universe. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-151358-9. OCLC 86068955. 
  5. "A YOUNG FH". web.archive.org. 2011-09-17. Archived from the original on 17 de setembro de 2011. Consultado o 2020-02-19. 
  6. "Fred Hoyle: An Online Exhibition - StJohns". www.joh.cam.ac.uk. Consultado o 2020-02-19. 
  7. "Fred Hoyle: An Online Exhibition - StJohns". www.joh.cam.ac.uk. Consultado o 2020-02-19. 
  8. Mitton, Simon, 1946- (2011). Fred Hoyle : a life in science. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-1-139-04232-1. OCLC 712622004. 
  9. "IESIS Institution of Engineers and Shipbuilders in Scotland". www.iesis.org. Consultado o 2020-02-19. 
  10. "Fred Hoyle". catalogues.royalsociety.org. Consultado o 2022-03-31. 

Véxase tamén

Ligazóns externas