Claude Frédéric Bastiat, nado en Baiona o 29 de xuño de 1801 e finado en Roma o 24 de decembro de 1850, foi un economista francés, un dos divulgadores do liberalismo.
Traxectoria
Comezou a súa carreira como economista en 1844. Foi membro da Asemblea Nacional dende 1848. Bastiat pertenceu á escola harmónica de liberais, que consideraban ao Estado como algo inevitable, e tamén deplorou a revolución violenta como medio de obter o poder, aínda así mantíñase reacción a calquera control polo goberno dos individuos e a regulación da industria privada, mostrándose partidario do libre mercado como unha fonte de harmonía económica e consideraba que os argumentos utilitaristas e iusnaturalistas eran aspectos complementarios do mesmo mundo.
A idea de Bastiat que máis influíu na economía foi a explicou coa falacia do vidro roto, e que consiste en que para determinar se unha medida é boa ou mala, hai que mirar as súas consecuencias a longo prazo para toda a poboación, e non só as que teñen lugar a curto prazo para unha parte da poboación. A falacia consiste en pensar que un neno que xogando rompe un vidro dunha tenda realiza unha acción boa para a economía, xa que o dono da tenda terá que gastar diñeiro en substituílo, e dará emprego ao cristaleiro, que cos cartos que reciba dará emprego a outros. Malia iso, esa liña de pensamento non ten en conta que de non se romper o cristal, gastaría os cartos noutra cousa, co que tamén daría emprego a outros, ademais produciría cousas novas e non unha reconstrución de algo que xa existía.
Morreu de tuberculose, seguramente collida durante as súas viaxes por Francia para promover as ideas liberais.