As principais características da folosa pálida son :[4][7][8]
Moi semellante á folosa amarela, aída que carente da coloración verdosa e amerelada desta, ten cun corpo de 12 a 14 cm de lonxitude (media 13 cm), e un peso aproximado de 11 g.
A coloración da súa plumaxe é parda agrisada, sen marcas destacadas, polas partes superiores, e branca cremosa pola inferiores. As ás son algo máis escuras, e o papo algo máis claro.
O epíteto específicopallida é o nominativo feminino singular do adxectivo latinopallidus, -a, -um, "pálido", debido á cor máis apagada desta especie en relación coa súa perente Hippolais polyglotta.[9] A forma feminina débese a que o substantivo Hippolais é feminino (tamén o Iduna).
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o estado de onservación de Hippolais pallida como LC (pouco peocupante), debido a que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, por tanto, non se acerca ao limiar para cualificala de vulneránbel, polo tamaño da área (unha media de máis de 20 000 km2) combinando isto co tamaño da poboación que, ademais, parece estábel.[11][12]
En Galicia
Segundo Penas Patiño et al. a presenza desta especie en Galicia é escasa.[4]
Notas
↑Conde Teria, Miguel A. e Tiago A, Vidal Figueroa (1991): "Nomes galegos para as aves ibéricas: unha nova proposta". En: Fernández-Cordeiro, A. e J. Domínguez, editores. Actas do Primeiro Congreso Galego de Ornitoloxía. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-749-1, pp.249-268.
del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-98-9.
Fregina, S.; Haasea, M.; Olsson, U. & Alström, P. (2009): "Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) – The traditional taxonomy overthrown". Molecular Phylogenetics and Evolution52 (3): 866–878. (Resume).
Olsson, U.; Rguibi-Idrissi, H.; Copete, J. L.; Arroyo Matos, J. L.; Provost, P.; Amezian, M.; Alström, P. & Jiguet, F. (2016): "Mitochondrial phylogeny of the Eurasian/African reed warbler complex (Acrocephalus, Aves). Disagreement between morphological and molecular evidence and cryptic divergence: A case for resurrecting Calamoherpe ambigua Brehm 1857". Molecular Phylogenetics and Evolution. 102: 30–44. (Resume).
Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos e Silvar, Carlos (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-87674-06-2.
Peterson, Roger; Guy Mountfort & P. A. D. Hollom (1973): Guía de campo de las aves de España y demás países de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-334-2.
Svensson, Lars, & Peter J. Grant (2001): Guía de aves. La guía de campo de aves de España y de Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X.