O XIV Festival de Eurovisión Júnior celebrouse no Mediterranean Conference Centre[1] da capital de Malta, A Valeta. Esta foi a segunda vez non consecutiva que Malta[2] organiza o festival; a primeira vez fora en 2014. Foron 17 países os que participaron no festival deste ano.
Lista de participantes
Segundo dixo a TVM maltesa, espérase unha participación de 18 países no festival deste ano; malia iso, tan só sete confirmaron oficialmente a súa participación:
Eslovenia: alegando a súa desconformidade co rumbo que tomou o JESC, tanto no sistema de voto como no show en si mesmo, a RTVSLO rexeita participar na edición deste ano.
Dinamarca: xusto despois da edición de 2015, un dos responsábeis da DR, dixo que non van participar máis no festival. Ene Lagermand Lundme, o responsábel de Festivais da DR, dixo que 'na competencia non hai diversión'. Tamén criticou a súa maneira de imitar ao Festival de Eurovisión dos adultos o que fai que a idea central de 'humor, diversión e xogo' que teñen do concurso sexa moi diferente á actual. Por iso, Dinamarca deixa de participar.[23]
Noruega: o día 24 de maio de 2016, a NRK anunciou que non regresarán a este festival no 2016.[24]
Grecia: o 25 de maio de 2016, a ERT fixo público que non participarán na edición deste ano.[25]
San Marino: a cadea SMRTV fixo oficial que se participaban, faríano cun artista estranxeiro, finalmente, o 14 de xullo de 2016, rexeitaron participar no Festival.[26]
Montenegro: a súa retirada foi causada por problemas financeiros.