| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
España foi un dos países que debutou no Festival de Eurovisión Júnior 2003, e é o que mellor percorrido e posicións levou no certame, obtendo unha vitoria en 2004 coa artista María Isabel e a súa canción Antes muerta que sencilla, dous segundos postos e un cuarto posto como posición máis baixa. A pesar dos seus bos resultados, a RTVE decidiu en 2007 non volver participar no certame porque, segundo Javier Pons, ex-director de RTVE, "fomenta estereotipos que non compartimos" e tamén pola "explotación" á que se someten os nenos.
No Festival de Eurovisión Júnior 2011, coa intención de aumentar o número de participantes para asegurar a viabilidade do concurso, a UER negociou ata o último momento coas televisións de España, Italia e San Marino. Se ben a RTVE amosou certo interese en participar no certame, España non puido confirmar a súa participación a tempo, polo tanto non puido participar nel. Agardábase que España retornara ao festival en 2014 cunha canle de televisión privada non-membro da UER (Atresmedia ou Mediaset España), sendo esta participación baixo permiso especial do organismo europeo pero problemas burocráticos o impediron.
Participacións
Votacións
España deu máis puntos a:
España recibiu máis puntos de:
12 puntos
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Países |
---|
Activos | |
---|
Inactivos | |
---|
Antigos participantes | |
---|
|
|
|
|
|
|