Fernão Lopes, nado posiblemente na década de 1380 e finado en 1459 ou 1460, foi un historiador portugués, funcionario do Pazo e notario no Reino de Portugal que destacou polo seu traballo de cronista.
Biografía
Os datos que chegan a nós sobre a vida de Fernão Lopes non son moitos. De orixe humilde, foi o encargado do Arquivo da Torre do Tombo desde 1418 e o escribán particular dos infantes Don Fernando e Don Duarte, quen lle mandou escribir unha Historia de Portugal.
Coñeceu a persoeiros importantes da súa época, coma Don João I ou Nuno Álvares Pereira, ligados á chamada Revolução de Setembro de 1383.
Obra
Obras conservadas
- Crónica de D. Pedro
É a máis breve das súas crónicas.
- Dispoñible para descargar no Projeto Gutenberg
- Dispoñible para descargar na Biblioteca Nacional de Lisboa
- Crónica de D. Fernando
- Dispoñible para descargar na Biblioteca Nacional de Lisboa
- Crónica de D. João I
É a máis extensa e tamén a de maior calidade. A obra comeza co asasinato de João Fernández de Andeiro, amante galego da raíña Leonor Teles. Isto leva ao Mestre de Avís (D. João I) ao poder, mais non é este o protagonista da crónica, senón Nuno Álvares Pereira (símbolo do pobo).
Podemos dividir a obra en dúas partes:
- Primeira parte. Aprécianse dous centros narrativos:
- Segunda parte:
- Panexírico do rei, prólogo no que se describen as súas calidades (é católico, fiel á muller...)
- Trinta capítulos dedicados á Batalla de Aljubarrota e á alianza anglo-portuguesa entre D. João e o Duque de Lancáster consistente no casamento de D. João con Filipa de Lancáster.
- Dispoñible para descargar na Biblioteca Nacional de Lisboa
- Outras
É posíbel que escribise as crónicas dos reis Portugal desde Afonso I, xa que foi o que lle encargaran. Como mínimo tería escrito as de Sancho II, Afonso III e Afonso IV (hoxe perdidas). Hai teorías segundo as cales Rui de Pina tería redinfudido algunhas crónicas de Fernão Lopes, asinándoas como propias.
Características da súa obra
A súa concepción da Historia e como esta se reflicte na súa obra
- O método de Fernão Lopes baséase na imparcialidade e na procura da verdade, busca contrastar as fontes e non traballar influído por aquel para o que traballa. Con todo, non sempre consegue ser sempre imparcial, xa que na descrición da Batalla de Aljubarrota déixase levar polo patriotismo.
- Ten unha visión de conxunto da Historia.
- O pobo dos séculos XIV e XV é o protagonista da súa obra e é presentado de xeito positivo, igual ca Nuno Álvares Pereira, símbolo da revolución perfecta, que se opón a D. João (Mestre de Avís), símbolo da revolución imperfecta para Fernão Lopes. As razóns que se teñen dado para explicar esta visión positiva do pobo son:
- A orixe humilde do autor, a máis recorrida.
- A busca da valorización de acontecementos pasados que fixesen posíbel a nova dinastía, que era apoiada polo pobo.
- Buscar a simpatía do pobo.
Describe cuestións coma os aspectos contraditorios da Historia, a economía e o comportamento dos habitantes da cidade (Lisboa represéntase coma unha dama asediada polos casteláns). Tamén fai unha descrición diferente das guerras, dándolles grandeza cando o pobo loita pola liberdade (Nuno Álvares Pereira e criticándoas cando só son pretextos para que o rei gañe títulos). Inclúe tamén personaxes que falan en nome de todo o pobo.
Dise que Fernão Lopes supón o paso da crónica á Historia, xa que usa unha metodoloxía que a Historiografía non coñecerá de novo até o século XIX.
Estilo
- Fernão Lopes elabora as súas crónicas co estilo dunha novela ou dun filme, usando recursos literarios (diálogos, analepses, planos múltiplos...).
- Comeza a domesticar a lingua portuguesa influído polas novelas de cabalarías, a prosificación dos cantares de xesta, os sermóns relixiosos e os contos populares.
- É un autor no que se interesarán escritores posteriores, xa que describe moi ben a súa época, chegando a escribir sobre a psicoloxía do rei (do que di que é dubidoso e violento) ou de Leonor Teles (á que describe como forte e decidida).
Os continuadores de Fernão Lopes
Se ben non se considera que acadasen a calidade de Fernão Lopes, téñense sinalado como continuadores seus a Gomes Eanes de Zurara e Rui de Pina.
Véxase tamén
Bibliografía