A primeira fase é a "Fase regular" (en inglés: Regular Season) na que participan vinte e catro equipos divididos en tres grupos con oito equipos cada un. Cada equipo xoga dous partidos (ida e volta) contra os demais equipos do seu grupo. Ao final da "fase regular", os equipos redúcense de 24 a 16, clasificándose os cinco primeiros máis o mellor sexto clasificado de tódolos grupos.
A segunda fase, coñecida como "Top 16", consiste en catro grupos de catro equipos. Do mesmo xeito que na tempada regular, cada grupo de "Top 16" os equipos enfróntanse a partidos de ida e volta. A terceira fase, a "Rolda de cuartos de final" (en inglés: Quarterfinal round) vense xogando dende 2004. Antes, só os gañadores de cada grupo avanzaron cara a "Final Four", agora o primeiro e segundo de cada grupo enfróntanse nunha serie de playoffs ao mellor de tres encontros. A vantaxe de campo e para os equipos que acabaron en primeiro lugar nos grupos do "Top 16".
Na "Final Four", celebrada nesta edición no Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid (España), enfróntanse os gañadores das eliminatorias de cuartos de final a un só partido. Estes encontros celébronse en tan só tres días, xogando primeiro unhas semifinais e posteriormente a final os gañadores e o encontro polo terceiro posto os perdedores.
Primeira fase
Os cinco primeiros de cada grupo máis o mellor sexto clasifícanse ao Top 16.
Os vencedores de cada eliminatoria pasan a xogar a Final Four. Cada un dos partidos de cuartos de final xogouse ao mellor de tres, pasando de rolda entón o primeiro en acadar dúas vitorias. Os cruces foron entre os equipos que quedaron en primeiro lugar no Top 16 e os equipos do segundo lugar dun grupo diferente, co equipo do primeiro lugar xogando o primeiro encontro na casa. Tódolos primeiros encontros xogáronse o 1 de abril, os segundos o 3 de abril, e os terceiros, cando os houbo, o 9 e o 10 de abril.