Le Mans Sarthe Basket
|
|
Información xeral
|
Liga
|
Pro A
|
Alcume
|
Les tangos
|
Fundación
|
1939
|
Historia
|
SCM Le Mans (1939-1993)
|
Cores
|
Laranxa, gris, branco
|
Presidente
|
Christophe Le Bouille
|
Adestrador
|
Elric Delord
|
Vestimenta
|
Kappa
|
Localización
|
Cidade
|
Le Mans, Francia
|
Pavillón
|
Antarès
|
Capacidade
|
6 003
|
Inauguración
|
1995
|
Campionatos
|
Liga
|
5 (1978, 1979, 1982, 2006, 2018)
|
Copa
|
4 (1964, 2004, 2009, 2016)
|
msb.fr
|
O Le Mans Sarthe Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Mans, no País do Loira. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 1978 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, gañando o título até en catro ocasións máis, a última en 2018.
Historia
En 1928, un industrial francés, Léopold Gouloumés chegou á cidade de Le Mans e fundou a Société des Comptoirs Modernes. Do mesmo xeito que moitas outras industrias do momento, Bernard Gasnal e el, fundaron o seu propio club deportivo en 1938, ao cal chamaron Goulou Club.[1] Porén, en setembro de 1939 estalou a segunda guerra mundial e necesitábanse aos homes para loitar. Coa ausencia dos homes, as mulleres convenceron ao club para a creación dun equipo de baloncesto feminino.
En 1941 o goberno francés prohibiu aos clubs deportivos utilizar o nome dunha industria, polo que o club Goulou cambiou o seu nome polo de Modern Sporting Club. En 1952, as mozas do Le Mans gañaron o campionato nacional. A raíz diso Bernard Gasnal decidiu fundar tamén un equipo masculino. Pouco máis dunha década despois, en 1963, o novo club consegue chegar á máxima categoría. Os anos a partir da temporada 1969−70 foron moi exitosos, gañaron a Copa de Francia en 1964 e a Liga en 1978, 1979 e 1982. Despois da euforia dos partidos europeos, o rumbo do club mudou coa chegada de grandes potencias ao baloncesto francés como o CSP Limoges e o Pau-Orthez. En 1993 o club muda o nome de SCM Le Mans a Le Mans Sarthe Basket. Coa chegada do novo milenio o club converteuse nun dos habituais contendentes polo título, gañando a Copa en 2004, 2009, 2016 e a Liga en 2006 e 2018.
Ano a ano
Xogadores
Destacados
Títulos
Liga de Francia
- Campións (5): 1978, 1979, 1982, 2006, 2018
- Subcampións (2): 2010, 2012
Copa de Francia
- Campións (4): 1964, 2004, 2009, 2016
- Subcampións (1): 2017, 2019
Leaders Cup
- Campións (3): 2006, 2009, 2014
- Subcampións (3): 2004, 2007, 2015
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas