Espido Freire

Modelo:BiografíaEspido Freire

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto - filoloxía inglesa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio, novela e teatro Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónensaísta, xornalista, escritora, tradutora Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webespidofreire.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2289801 Twitter: EspidoFreire BNE: XX1255091 Dialnet: 607088 Editar o valor en Wikidata

Laura Espido Freire, nada en Bilbao o 16 de xullo de 1974, é unha escritora e columnista vasca en lingua castelá.

Traxectoria

Naceu en Bilbao, de pais galegos,[1][2] e medrou en Llodio (Áraba). Dedicouse á música vocal durante a adolescencia e foi coa compañía de José Carreras por toda Europa, pero esa vocación imposta, que combinou cos estudos de Dereito, logo abandonados, orixinoulle unha profunda depresión que a levou a sufrir bulimia[Cómpre referencia].[3] Logrou saír da enfermidade deixando a música e consagrándose á literatura. Licenciouse en Filoloxía inglesa pola Universidade de Deusto, e na mesma cursou un Diploma en Edición e Publicación de Textos.

Ós 25 anos conseguiu o Premio Planeta por Melocotones helados, converténdose na autora máis nova en gañalo, á mesma idade que Antonio Prieto, pero uns meses menor. Autora polifacética, destaca no seu labor narrativo, tendo aparecido en antoloxías coma Vidas de mujer (Madrid, Alianza Editorial, 1999), Lo del amor es un cuento (Madrid, Ópera Prima, 2000), Ser mujer (Madrid, Temas de hoy, 2000), Fobias (Madrid, La Esfera de los Libros, 2003), Ni Ariadnas ni Penélopes (Madrid, Castalia, 2002), Orosia: mujeres de sol a sol (Jaca, Pirineum, 2002), Sobre raíles (Madrid, Imagine, 2003) ou Todo un placer (Córdoba, Berenice, 2005), entre outras.

Colabora con varios medios de prensa nacionais, como El País, La Razón ou El Mundo. Traballa tamén como tradutora literaria e como colaboradora en radio (actualmente no espazo Te doy mi palabra, de Onda Cero, presentado por Isabel Gemio) e en televisión.

Activamente involucrada en talleres literarios durante os seus anos universitarios, e interesada na pedagoxía da creación máis tarde, impartiu cursos de creación literaria en diversas universidades españolas e internacionais, sendo un dos seus proxectos de futuro a fundación dunha escola de escritura cuxos títulos equivalerían ós estudos universitarios. Tamén, como ensaísta, mostrou unha interesante interpretación da última xuventude española, vítima do que ela chama mileurismo, unha barreira de ingresos que non pode superar a causa da resistencia da xeración anterior e que a condena a unha insatisfacción e esterilidade permanentes.

A crítica saudouna coma a unha das voces máis interesantes da narrativa española, E as louvanzas que xurdiron con motivo da súa primeira obra continuaron nas súas seguintes novelas. Foi traducida ó francés, alemán, portugués, grego, polaco, neerlandés e turco, e a súa novela Irlanda recibiu en 1999 o premio francés "Millepage", que os libreiros conceden á novela revelación estranxeira. En maio de 2000 recibiu o premio Qué Leer á mellor novela española editada durante o ano anterior por Melocotones helados.

A súa obra expón a ambigüidade das aparencias, o ben segundo os valores sociais e a fascinación polo mal, mediante mundos máxicos ou na vida cotiá, creando universos moi complexos e tempos inexistentes que esixen esforzo ó lector. Afirma ter empezado así «por non ter que investigar datos históricos ou sociolóxicos, porque inventar escribindo resulta máis sinxelo que describir a realidade».

Obras

Novela

Relatos

Literatura infantil e xuvenil

Poesía

Ensaio

Tradución

Notas

  1. "Espido Freire: "Mi patria son la palabras"" (en castelán). 30 de xullo de 2009. Consultado o 13 de abril de 2019. 
  2. A tarde do día: 08/06/2017 (Radio Galega). 8 de xuño de 2017. 
  3. Virginia Madrid (2-6-2017). "«Me sorprendió que mis padres me felicitaran»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11-2-2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas