Eneko Bóveda

Modelo:BiografíaEneko Bóveda
Biografía
Nacemento(es) Eneko Boveda Altube Editar o valor en Wikidata
14 de decembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,82 m Editar o valor en Wikidata
Peso77 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral e defensa central Editar o valor en Wikidata
Número deportivo2 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2000 Q25474754
2000–2006 Athletic Club
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2008 CD Basconia 44(0)
2008–2010   Athletic Club 3(0)
2008–2011   Bilbao Athletic 59(0)
2011–2015   Sociedad Deportiva Eibar 113(5)
2015–2017   Athletic Club 68(0)
2017–2021   Deportivo da Coruña 83(2)
2021–2022 Olympiakos Nicósia 29(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2014–   País Vasco 3(0)

Eneko Bóveda Altube, nado en Bilbao o 14 de decembro de 1988, é un exfutbolista español que xogaba de defensa. Formouse na canteira do Athletic Club, co que debutou na Primeira División en 2009. Entre 2011 e 2015 militou no Eibar, co que logrou ascender dende a Segunda División B ata a Primeira. A continuación regresou ao Athletic, no que xogou ata 2018, antes de recalar durante tres campañas e media no Deportivo da Coruña, co que caeu dende Primeira á Segunda B. Pechou a súa carreira no 2022, despois dunha última tempada no Olympiakos Nicosia de Chipre.

Traxectoria

Athletic de Bilbao (2000-2011)

Criado en Durango, uniuse á canteira do Athletic Club no ano 2000, procedente da Ikastola Maiztegui de Iurreta.[1]​ En 2006 ascendeu ao segundo filial do club bilbaíno, o CD Basconia e, en 2008, ao Bilbao Athletic. Debutou co primeiro equipo do Athletic o 26 de abril de 2009 contra o Racing de Santander, ao entrar en substitución de David López.[2] Xogou dous partidos de Liga máis antes de fracturar o quinto metatarsiano do pé esquerdo, en novembro de 2009.[3]​ Tras o seu regreso permaneceu na disciplina do Bilbao Athletic sen ter ningunha participación máis co primeiro equipo.

SD Eibar (2011-2015)

No verán de 2011 fichou pola SD Eibar que militaba en Segunda División B.[4]​ Tivo un papel protagonista na tempada 2012-13, tanto en liga como no play-off de ascenso. O 13 de abril de 2014 marcou o seu primeiro gol en Segunda División, na derrota (1-2 ) contra o CD Tenerife.​[5] Nese mesmo partido, e despois de ter xogado 18 partidos, lesionouse de gravidade no xeonllo dereito.​[6] Finalmente, a SD Eibar logrou o ascenso a Primeira División. O 25 de agosto de 2014 volveu xogar en Primeira División, na primeira xornada de liga ante a Real Sociedad, nunha histórica vitoria por 1-0.​[7] Exactamente dous meses despois anotou o seu primeiro gol na competición, cun golpeo desde 25 metros que entrou polaa escuadra, e que serviu para darlle un punto ao Eibar ante o Granada.[8] Finalizou a temporada tras disputar 35 partidos de Liga, todos eles como titular. En catro temporadas no club eibarrés pasou de xogar en Segunda División B a Primeira División.

2ª etapa no Athletic (2015-2018)

En xuño, tras finalizar contrato co club armeiro, regresou ao Athletic Club para substituír a Andoni Iraola.[9]​ Comezou a súa nova etapa no club branco e vermello gañando a Supercopa de España de 2015, na que o Athletic se impuxo ao Barcelona por 5-1. Na súa primeira tempada alternou as posicións de lateral dereito e central, tras a lesión do seu compañeiro Aymeric Laporte. Disputou 37 partidos (23 de Liga, 9 de Europa League, 3 de Copa e 2 de Supercopa).​ Na súa segunda tempada participou en 19 partidos de Liga, 3 de Copa e 1 de Europa League, a maioría deles na primeira volta pola lesión de Óscar de Marcos. Na terceira campaña non puido aproveitar a baixa por lesión de De Marcos, quedando relegado ao banco en favor de Iñigo Lekue.[10]

Deportivo da Coruña (2018-2021)

O 22 de xaneiro de 2018 o Athletic Club anunciou o acordo co xogador para rescindir o contrato entre ambas partes. Á súa vez o Deportivo da Coruña anunciou a súa fichaxe cun contrato até xuño de 2020.[11] O 27 de xaneiro debutou en Riazor, como xogador branquiazul, no empate a dous ante o Levante ao saír en substitución do lesionado Sidnei. O 9 de marzo, nun partido ante o Girona, sufriu unha grave lesión muscular no tríceps da súa perna esquerda, despois de ter sido titular nas últimas sete xornadas tanto de central como de lateral dereito.[12] Non volveu xogar no que restaba de tempada e viu dende fóra como o seu equipo descendía á Segunda División.

Disputou un total de 24 partidos na tempada 2018/19, na que o equipo non conseguiu o ascenso, tras ser derrotado polo Mallorca nos play-offs.[13] Na tempada 2019/20 disputou 31 partidos, acabando o club por descender á Segunda División B por segunda vez na súa historia.

Bóveda foi un dos poucos xogadores que permaneceron no equipo tralo descenso deste á 2ª B. O 18 de outubro de 2020, na primeira xornada da categoría de bronce, marcou de cabeza o tanto do triunfo fronte ao Salamanca CF (2-1) no minuto 97.[14] Disputou 17 dos 24 encontros de liga, todos eles como titular. O 5 de xullo de 2021, anunciouse a marcha de Bóveda do conxunto branquiazul tras tres tempadas e media.[15]

Olympiakos Nicosia (2021-2022)

A finais de xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Olympiakos Nicosia da Primeira División de Chipre.[16] Xogou case todos os partidos da liga chipriota, a maioría como titular e disputou co equipo a promoción de permanencia, logrando manter a categoría. Ao remate da campaña anunciou a súa retirada do fútbol, aos 34 anos de idade.[17]

Palmarés

Eibar
Athletic Club

Notas

  1. "«Queremos ganar la Europa League»" (en castelán). 16 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  2. "Inteligencia y superación". Mundo Deportivo (en castelán). 28 de abril de 2009. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  3. "Eneko Bóveda será operado del pie izquierdo" (en castelán). 19 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  4. "Bóveda: "No fui baja, me voy del Athletic para progresar"" (en castelán). 17 de xullo de 2011. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  5. "El Tenerife asalta Ipurua y sueña con hacer algo grande". Marca (en castelán). 13 de abril de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  6. "Bóveda, baja en el Eibar durante seis semanas" (en castelán). 16 de abril de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  7. "Eibar 1 – 0 Real Sociedad: Javi Lara decide con una obra de arte" (en castelán). 24 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  8. La Liga (25 de outubro de 2014). Golazo de Bóveda (1-1) en el SD Eibar - Granada CF - HD (Youtube). 
  9. "Bóveda: "Ahora quiero demostrar un nivel de equipo europeo"". As (en castelán). 30 de xullo de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  10. "Bóveda ultima su salida del Athletic". El Mundo (en castelán). 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  11. "Eneko Bóveda, novo xogador do Deportivo". Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  12. "Bóveda se rompe y puede haber dicho adiós a la temporada". As (en castelán). 10 de marzo de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  13. "El Mallorca saca el rodillo para volver a Primera". Marca (en castelán). 23 de xuño de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  14. "Bóveda rescata a un frouxo Dépor". La Opinión A Coruña. 19 de outubro de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  15. "Eneko Bóveda non continuará no RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 5 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2021. 
  16. "Eneko Bóveda ficha por el Olimpiakós Nicosia". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xullo de 2021. Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  17. "El exdeportivista Eneko Bóveda cuelga las botas" (en castelán). 23 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas