Sidnei Rechel da Silva, nado en Alegrete (Río Grande do Sur) o 23 de agosto de 1989, é un futbolista brasileiro. Xoga de central e o seu equipo actual é o Real Betis Balompié da Liga Santander.
Traxectoria
O 1 de setembro de 2014 fíxose oficial a súa cesión o Deportivo da Coruña para a tempada 2014–15.[1] Nesa campaña participou en 32 partidos, dubutando como branquiazul na primeira xornada, nunha vitoria a domicilio contra o SD Eibar (0–1). O seu primeiro gol foi un tanto en propia meta, nunha derrota fronte o FC Barcelona en Riazor na xornada 19 (0–4).
O 22 de xullo de 2015 o Deportivo anunciou un novo acordo co Benfica para renovar un ano máis a cesión do xogador.[2]
O 21 de decembro de 2016 anunciouse a súa ampliación de contrato co Deportivo, renovando até 2020.[3]
O 2 de agosto de 2018, o Deportivo e o Real Betis Balompié chegaron a un traspaso para o traspaso de Sidnei tras catro tempadas no club coruñés.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas