David López Moreno, coñecido habitualmente como David López, nado en Logroño (A Rioxa) o 10 de setembro de 1982, é un futbolista profesional español da canteira do CA Osasuna, que xoga como centrocampista na SD Huesca.
Traxectoria
Nado en Logroño, A Rioxa, David López é produto da categorías inferiores do Club Atlético Osasuna de Pamplona. Fai o seu debut co primeiro equipo, e na Primeira División, o 17 de outubro de 2004 nunha vitoria por 3–2 en El Sadar ante o Albacete Balompié, onde ademais anotaría o seu primeiro gol como profesional para dar a vitoria o seu equipo ao romper o empate 2-2 no minuto 65.[1] Finalizaría a súa primeira tempada con 13 partidos e un gol. Na seguinte tempada David López foi titular indiscutíbel no club navarro, nun ano en que o Osasuna conseguiría a súa primeira a súa primeira clasificación á Liga de Campións da UEFA. O xogador contribuiría ao final con seis goles, entre os que destaca o conseguido no último encontro da campaña, o cal valería a vitoria por 2-1 ante o Valencia Club de Fútbol e que clasificaría aos pamploneses á Champions League.[2] Tras fallar o ano seguinte na rolda previa da Liga de Campións, o que levou ao equipo a xogar a Copa da UEFA, López aparece en 11 dos encontros europeos, onde chegaría até as semifinais. Destacarían a vitorias por 0-3 contra o Parma Football Club (dúas veces) e ante o Bayer 04 Leverkusen.
No verano de 2007, López asina polo Athletic Club de Bilbao, nun traspaso valorado nuns 6 millóns de euros. O seu debut oficial cos biscaíños foi o 8 de agosto nun empate 0–0 ante precisamente o seu anterior equipo, o Osasuna. Desde ese partido David López foi titular indiscutíbel no Athletic durante os dous seguintes anos, aparecendo nun total de 60 partidos. Na súa segunda tempada axudou ao seu equipo a evitar o descenso marcando o 1-1 ante o Real Club Recreativo de Huelva fóra da casa e nas vitorias en San Mamés por 3-0 ante o Real Sporting de Gijón e 2-1 ante o Real Racing Club de Santander. Na súa cuarta tempada no Athletica acadaría o seu mellor rexistro de goles en Liga nunha soa tempada, até ese momento, con 6 en 28 partidos, aínda que xogando menos minutos tras a chegada do adestrador arxentino Marcelo Bielsa. O 31 de agosto de 2012 deixa o club tras rescindir o seu contrato por mutuo acordo.
Inmediatamanete tras a súa saída, López asina un ano de contrato co Brighton & Hove Albion do Football League Championship, o cal sería posteriormente prolongado durante outro ano máis. En Inglaterra, onde se recibiría o alcume de Spanish Dave, volvería dispor de minutos, sendo unha das pezas claves dun equipo que remataría nos primeiros postos da clasificación en ambas tempadas. Tras rematar o seu contrato co Brighton, David López asina un contrato até 2016, por dous anos, co Club Deportivo Lugo da Segunda División.
Clubs
Títulos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas