Manuel Pavón Castro, coñecido como Lolo Pavón, nado en Santa Fe (Granada) o 27 de febreiro de 1984, é un futbolista profesional español que actualmente xoga no Fuenlabrada.
Traxectoria
Iniciouse futbolisticamente no equipo da súa localidade natal, Santa Fe,[1] para pasar posteriormente ás categorías inferiores do Granada CF, Abandonou o club en idade xuvenil para xogar na División de Honra da categoría co CD Logroñés, logo co Real Madrid e, finalmente, no Club Deportivo Numancia. A tempada 2005-06 xogou na Terceira División co filial soriano.
Durante o mercado de inverno da tempada 2006-07 o club soriano cedeuno ao Granada CF,[2] en Segunda B, até final de tempada. Pavón, con todo, non tivo sorte no seu regreso ao club granadino e dispuxo de poucos minutos de xogo.
Na tempada 2007-08 regresou ao CD Numancia para formar parte do primeiro equipo. Esa campaña foi un dos habituais nas aliñacións do club que logrou o campionato de Segunda División e o consecuente ascenso a Primeira. O 26 de outubro de 2008 debutou na máxima categoría, ante o Racing de Santander, en Los Pajaritos.
Tralo descenso dos numantinos ao ano seguinte á división de Prata,[3] Pavón continuaría xogando no equipo soriano até a tempada 2011-12. Tras finalizar o seu contrato co equipo castelán, viaxa a Lugo para adestrar co equipo de Quique Setién a proba, anunciando que finalmente asinará co equipo albivermello para continuar a xogar na Segunda División.
Clubs
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas