Antonio Guayre Betancor Perdomo, coñecido como Guayre, nado nas Palmas de Gran Canaria (Canarias) o 23 de abril de 1980, é un exfutbolista profesional internacional español cuxo último equipo foi o Lugo da Liga Adelante. Xogaba como mediapunta ou dianteiro.
Traxectoria
Clubs
Formouse na canteira da Unión Deportiva Las Palmas, club co que debutou en Primeira División o 14 de outubro de 2000. Na súa primeira tempada na máxima categoría xogou 31 partidos e anotou oito goles.
Finalizada esa campaña, o Villarreal CF pagou 6 millóns de euros pola nova promesa canaria.[1] Alí xogou durante cinco tempadas, e destacou até ser convocado pola Selección nacional de fútbol, pero perdeu a confianza do técnico Manuel Pellegrini e foi fichado en 2006 polo Celta de Vigo como reforzo para afrontar a Copa da UEFA, pero ese ano as lesións cebáronse con el e apenas puido disputar 300 minutos en toda a tempada. O 30 de xullo de 2008, chegou a un acordo co Celta de Vigo para desvincularse do club. Pouco despois ficha polo CD Numancia de Primeira División, onde tampouco tivo continuidade polo seu estado físico, rescindindo o contrato tras acumular só 194 minutos en toda a tempada.
Finalmente, en xullo de 2009 volveu ao seu equipo de orixe, a UD As Palmas,[2] terminando a relación contractual en xuño de 2011. Nestas dúas tempadas apenas xoga debido a diversas lesións, que o deixan sen equipo durante un ano enteiro e sen disputar un partido dende o 24 de abril de 2011 até o 31 de xullo de 2012 en que xoga un encontro como proba para fichar polo Cádiz CF. Con todo non asinaría finalmente polo equipo gaditano por problemas coas fichas. En novembro pasa a estar de proba Lugo da Liga Adelante, pasando a ter ficha como xogador o 16 de xaneiro de 2013. Tras sufrir graves molestias no seu nocello esquerdo o 23 de abril de 2013 decide retirarse como xogador profesional de fútbol.
Equipos
- Datos actualizados a 15 de xaneiro de 2013
Internacional
Foi internacional coa selección de fútbol de España nunha ocasión,[3] no partido que enfrontou o 9 de febreiro de 2005 á selección contra San Marino, en partido valedoiro para a clasificación para o Mundial de Alemaña con vitoria para o combinado español por 5-0.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas