Iván Pérez Maceira, nado o 11 de novembro de 1985 en Santiago de Compostela, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista no Somozas da Segunda División B.
Traxectoria
Procedente do filial branquiazul, no verán de 2009 Iván Pérez ascende ao primeiro equipo e firma o seu primeiro contrato profesional. Durante a tempada 2010–11 xogou cedido na SD Ponferradina en Segunda División. Iniciada a tempada 2011–12 fichou polo Montañeros CF, despois de facer a pretempada co Deportivo e quedar sen ficha. Na temporada 2012-13 comezaría a adestrar co CD Lugo, aínda que sen contar con ficha no equipo. Tras probar sorte na Superliga danesa, no Randers, finalmente pasaría a formar parte do cadro de xogadores albivermello o 12 de decembro. Tras finalizar contrato en 2014 o Lugo decide non renovalo. Tras estar todo o ano restante sen equipo, asina no mercado de inverno de 2015 polo Compostela.
Clubs
Véxase tamén
Ligazóns externas