Mujaid Sadick Aliu, coñecido como Mujaid, nado en Logroño o 14 de marzo do 2000, é un futbolista español. Xoga como defensa e o seu club actual é o KRC Genk, da Primeira división belga.
Traxectoria
Naceu en Logroño, fillo de inmigrantes de Nixeria e Ghana.[1] Comezou a xogar nas categorías inferiores do Club Valvanera Deportivo da Rioxa e en 2016 incorporouse á canteira do Deportivo da Coruña.
En outubro de 2017 debutou co Real Club Deportivo Fabril na Segunda División B ás ordes de Cristóbal Parralo despois de destacar no Xuvenil 'A' da División de Honra dirixido por Rubén Coméndez.[2] O club blindou ao xogador cun contrato profesional, coa intención de que algún día chegase ao primeiro equipo.[3]
O 12 de maio de 2018 debutou na elite do fútbol español da man do adestrador holandés Clarence Seedorf na segunda metade do partido do Deportivo contra o Villarreal CF (2-4) no estadio de Riazor.[4] Fíxoo co 34 ás costas e só unhas horas despois volveu xogar, esta vez co número 4 e no centro da zaga, un partido da Copa do Rei Xuvenil, tamén con derrota deportivista (3-4).
En xullo de 2018 renovou o seu contrato co club por catro anos máis cunha cláusula de rescisión de 20 millóns de euros.[5][6] Despois do descenso á Segunda División do Deportivo, Mujaid, aínda con ficha do Fabril, comezou a xogar de xeito habitual co primeiro equipo, tanto con Luis César Sampedro como con Fernando Vázquez, e converteuse nun dos xogadores máis destacados do equipo galego a pesar da súa xuventude, disputando 28 partidos de liga e gañando en dúas ocasións o premio ao mellor xogador do mes.[7]
Na tempada 2020/21, co Deportivo na Segunda B, foi o xogador con máis minutos disputados do equipo, sendo un fixo na defensa branquiazul, que encaixou só 13 goles durante a campaña.
O 18 de maio de 2021 fíxose oficial o seu traspaso por dous millóns de euros ao KRC Genk, da Primeira división de Bélxica[8], o traspaso máis caro da historia da Segunda B.
Palmarés
Trofeos internacionais
(*) Incluíndo a Selección
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
2.º descenso a Segunda División B |
|