As eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.
Data e sistema electoral
As eleccións celebráronse entre o xoves 22 e o domingo 25 de maio, para seguir os costumes dos distintos países sobre o día habitual de votación. O primeiro país en votar foi o Reino Unido.
Celebráronse ao mesmo tempo que as eleccións ao parlamento europeo outros comicios:
Día |
País
|
xoves 22 de maio |
Países Baixos, Reino Unido
|
venres 23 de maio |
República Checa (1º día), Irlanda
|
sábado 24 de maio |
República Checa (2º día), Chipre, Eslovaquia, Francia (só nalgúns territorios do alén mar), Italia (1º día), Letonia, Malta
|
domingo 25 de maio |
Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia (resto), Grecia, Italia (2º día), Lituania, Luxemburgo, Polonia, Portugal, Romanía, Suecia
|
Sistema electoral
O voto é obrigatorio en Bélxica, Grecia, Chipre e Luxemburgo, e optativo en todos os demais. Os países que teñen unha participación tradicionalmente máis alta son dous onde o voto é obrigatorio, pois Bélxica e Luxemburgo roldan o 90% de participación. Ademais, a participación tende a superar o 50% en Malta, Italia, Irlanda, Dinamarca, Chipre (obrigatorio), Letonia e Grecia (obrigatorio). Os países do leste europeo son máis abstencionistas con estados como Eslovaquia, Polonia, Lituania ou Croacia que se moven ao redor do 20-25% de participación.
Hai 66 circunscricións electorais. A maior parte dos países teñen unha única circunscrición, pero existen algúns que teñen varias: Polonia ten 13 circunscricións, e o Reino Unido 12; Francia ten 8 e Italia 5; Irlanda e Bélxica teñen tres cada unha.
O sistema máis común é o de listas abertas e voto proporcional, pero tamén existen excepcións precisamente nos países con máis electores: Alemaña, Francia, o Reino Unido, España. Romanía, Grecia, Portugal e Hungría teñen listas pechadas. É dicir, o 60% dos eurodeputados son escollidos en listas pechadas. Ademais, Irlanda, Malta e a circunscrición de Irlanda do Norte no Reino Unido teñen un sistema de voto transferible, onde se van descartando as opcións que teñen menos votos e considerándose segundas, terceiras, e demais opcións de preferencia do votante.
Novidades
Estes comicios presentan como principais novidades fronte aos de 2009 estes:
Repartimento de escanos no Parlamento Europeo
Circunscrición
|
2009
|
2014[1]
|
Poboación en 2013[2]
|
Habitantes / eurodeputado
|
Alemaña
|
99
|
96
|
80 523 746
|
838.789
|
Francia
|
78
|
74
|
65 633 194
|
886.935
|
Reino Unido
|
78
|
73
|
63 896 071
|
875.289
|
Italia
|
78
|
73
|
59 685 227
|
817.606
|
España
|
54
|
54
|
46 704 308
|
864.895
|
Polonia
|
54
|
51
|
38 533 299
|
755.555
|
Romanía
|
35
|
32
|
20 020 074
|
625.627
|
Países Baixos
|
27
|
26
|
16 779 575
|
645.368
|
Bélxica
|
24
|
21
|
11 161 642
|
531.507
|
Grecia
|
24
|
21
|
11 062 508
|
526.786
|
República Checa
|
24
|
21
|
10 516 125
|
500.768
|
Portugal
|
24
|
21
|
10 487 289
|
499.395
|
Hungría
|
24
|
21
|
9 908 798
|
471.848
|
Suecia
|
19
|
20
|
9 555 893
|
477.795
|
Austria
|
18
|
18
|
8 451 860
|
469.548
|
Bulgaria
|
18
|
17
|
7 284 552
|
428.503
|
Dinamarca
|
14
|
13
|
5 602 628
|
430.971
|
Finlandia
|
14
|
13
|
5 426 674
|
417.436
|
Eslovaquia
|
14
|
13
|
5 410 836
|
416.218
|
Irlanda
|
13
|
11
|
4 591 087
|
417.372
|
Croacia
|
—
|
11
|
4 262 140
|
387.467
|
Lituania
|
13
|
11
|
2 971 905
|
270.173
|
Eslovenia
|
7
|
8
|
2 058 821
|
257.353
|
Letonia
|
9
|
8
|
2 023 825
|
252.978
|
Estonia
|
6
|
6
|
1 324 814
|
220.802
|
Chipre
|
6
|
6
|
865.878
|
144.313
|
Luxemburgo
|
6
|
6
|
537.039
|
89.507
|
Malta
|
5
|
6
|
421.364
|
70.227
|
total
|
785
|
751
|
505 701 172
|
673.370
|
Candidatos a Presidente da Comisión
Os principais partidos europeos presentaron como candidatos a presidir a Comisión Europea os seguintes persoeiros:
Candidaturas en Galicia e España
Os comicios celebráronse en Galicia o 25 de maio. Galicia non é unha circunscrición propia nas eleccións europeas, como si sucede con algunhas divisións territoriais noutros países da Unión Europea, polo que os seus votos súmanse aos emitidos no resto de España, e entre eles reparten os 54 escanos.
A estes comicios concorreron 41 formacións políticas, das que só unha candidatura é exclusivamente galega, a do Partido da Terra. Estas foron as candidaturas, os seus principais integrantes e os seus cabezas de lista:
Presenza galega nas listas
- Partido Popular: Na candidatura figura en postos de saída Francisco Millán Mon (8), eurodeputado.
- O PSOE integra na súa lista en postos de saída o antigo ministro José Blanco (10).
- Izquierda Unida: Na candidatura figuran varios galegos. No número 5 irá Lidia Senra[3] de Anova, e no número 7 figura Javier Couso irmán do xornalista asasinado Xosé Couso. No resto da candidatura van tamén os membros galegos de Izquierda Unida Saínza Ruíz (45) e Xosé Luis Outes[4] (30), Carlos Lorenzo Simón (35), de Anova, e Juan Martínez García (52), de Espazo Ecosocialista[5].
- A candidatura Os Pobos Deciden, encabezada por Bildu, inclúe como socio de coalición o BNG. A cabeza de lista do BNG a estas eleccións foi a europarlamentaria Ana Miranda Paz.
- A candidatura de Coalición por Europa, que encabeza CiU inclúe como socio de coalición a Compromiso por Galicia. O cabeza de lista de Compromiso a estas eleccións é Paulo Carlos López, elixido nun proceso de primarias, e cinco persoas máis de CxG van na candidatura.
- Ciudadanos - Partido de la Ciudadanía leva no seu número 31 a José Canedo Santos, quen fora voceiro de UPyD en Galicia.
- En Primavera Europea figura Loli Tobío, como suplente número 10, membro de Equo Galicia.
- A candidatura íntegra do Partido da Terra está formada por galegos, e está encabezada polo músico Isaac Zas.
- A candidatura da Confederación Pirata conta cun galego, Fabián Plaza (Piratas de Galicia), no número dous.
- Outras dúas formacións están encabezadas por galegos: a viguesa Laura Duarte lidera a candidatura do PACMA; e o viveirense Alfonso Vázquez Vaamonde, a de Alternativa Republicana.
Resultados globais europeos
É moi complexo ofrecer unha panorámica xeral de resultados por partidos, dado que a afiliación a cada grupo parlamentario europeo é individual. Ademais, a propia formación de grupos ou non dependerá dos resultados das eleccións e dos pactos posteriores.
O PPE é o grupo parlamentario de centro-dereita europeo, e recolle no seu seo a maior parte dos partidos conservadores do continente, entre eles o PP, afiliados ao Partido Popular Europeo. A S&D é o grupo parlamentario socialdemócrata, e recolle tamén a maior parte dos partidos de esquerda moderada europea, como o PSOE. A maior parte destes partidos pertencen á súa vez ao Partido Socialista Europeo. Estas dúas formacións ocuparon tradicionalmente a maior parte dos euroescanos.
A ALDE é o grupo parlamentario liberal, e nel coinciden, ademais doutras formacións, os partidos integrantes da ALDE (CDC), e do Partido Demócrata Europeo (PNV). A ALE é o partido que reúne a distintas minorías rexionais, e que forma grupo parlamentario cos Verdes; o BNG forma parte da ALE. A EUE-EVN é o grupo parlamentario de partidos de esquerda, esquerda ecoloxista e extrema esquerda; aos que pertence Izquierda Unida. A ACRE é un grupo parlamentario conservador, moderadamente euroscéptico, que agrupa a diferentes formacións de dereita do leste europeo e o Partido Conservador británico. O MELD tamén é un partido conservador e máis claramente euroscéptico, máis á dereita da ACRE.
Ademais existen no Parlamento Europeo un grupo restante, o Grupo Europarlamentario dos Non Inscritos, que recolle diversas formacións políticas que non atopan acomodo nos grandes grupos. Moitas destas formacións son de ultradereita e outras, como UPyD, de perfil populista, socioliberal ou conservador.
Resultados en Galicia e España
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas