Eleccións ao Parlamento Europeo de 2004

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2004
 ← 1999 Editar o valor en WikidataUnión Europea Editar o valor en Wikidata 2009 Editar o valor en Wikidata  → 
Data21 de febreiro de 2004 Editar o valor en Wikidata
Tipoeleccións ao Parlamento Europeo Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido732 eurodeputado ≈ VI lexislatura do Parlamento Europeo. Duración do mandato: 5 Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Hans-Gert PötteringElixido/a
0
 

As eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 tiveron lugar entre o 10 e o 13 de xuño nos 25 estados membros da Unión Europea, para dar lugar á VI lexislatura europea. Non foi posible votar aos partidos do Parlamento Europeo, pero os partidos nacionais electos agrupáronse en partidos do Parlamento Europeo despois das eleccións.

Os votos contabilizáronse a medida que se pechaban as urnas, mais os resultados non se anunciaron ata o 13 e 14 de xuño polo que os resultados dun país non influirían nos votantes doutro onde as urnas aínda estaban abertas; porén, os Países Baixos, votando o xoves 10, anunciaron resultados provisionais case completos tan axiña como se contabilizaron, na noite do día das eleccións, unha medida moi criticada pola Comisión Europea.

342 millóns de persoas tiñan dereito a votar, o segundo electorado democrático máis grande do mundo despois da India. Foi a maior elección directa transnacional da historia, e os 10 novos estados membros elixiron eurodeputados por primeira vez. O 6º Parlamento estaba formado por 732 membros do Parlamento Europeo (MPE).

Os resultados mostraron unha derrota xeral dos partidos gobernantes e un aumento de representantes dos partidos euroscépticos. Non se logrou ningunha maioría. O equilibrio de poder no Parlamento mantívose igual (partido maior PPE-DE, segundo PSE) a pesar dos 10 novos estados membros.

Véxase tamén

Ligazóns externas