Edgar Rice Burroughs |
|
Nacemento | 1 de setembro de 1875 Chicago, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 19 de marzo de 1950 (74 anos) Encino, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
---|
Lugar de sepultura | Tarzana (pt) |
---|
Educación | Michigan Military Academy (en) (–1895) Phillips Academy |
---|
|
Ocupación | novelista, prosista, escritor de literatura infantil, escritor de ciencia ficción, guionista, escritor |
---|
Período de actividade | 1912 - 1950 |
---|
Xénero artístico | Ciencia ficción, Fantasía, romance de aventura (pt) , romance planetário (pt) , Espada e planeta (pt) e wéstern |
---|
|
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Florence Gilbert (1935–1941), divorcio |
---|
Fillos | John Coleman Burroughs |
---|
Pais | George Tyler Burroughs e Mary Evaline Zieger |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Берроуз Эдгар Райс) Obálky knih, Iedereen Leest (en) |
---|
Sitio web | edgarriceburroughs.com |
---|
|
Edgar Rice Burroughs, nado en Chicago o 1 de setembro de 1875 e finado en Encino, California, o 19 de marzo de 1950, foi un escritor estadounidense de xénero fantástico coñecido polas súas series de historias de Barsoom (ambientadas en Marte), de Pellucidar (que teñen lugar no centro da Terra) e, en especial, pola creación do mundialmente famoso personaxe de Tarzán.
Traxectoria
Asistiu á Harvard School de Chicago onde entrou en contacto co mundo clásico de Grecia e Roma. Tralo seu paso pola escola foise a vivir ao rancho gandeiro do seu irmán onde traballou dous anos de vaqueiro. Despois ingresou na Philips Academy de onde o expulsarían por preguiceiro. Tras un período de adestramento na Academia Militar de Míchigan, entrou a formar parte do Sétimo de Cabalaría dos EUA e chegou a loitar contra os apaches en Arizona pero pronto o licenciaron ao descubrir a súa minoría de idade, o que o levou a volver a Chicago e dedicarse a unha serie de traballos diversos non moi ben pagados tanto alí como en Idaho.
En 1912, aos 36 anos de idade e baixo o seudónimo de Normal Bean que apareceu impreso como Norman Bean, publicou o seu primeiro relato, Baixo as lúas de Marte na revista All-Story Weekly, obra que lle reportou 400 dólares. En outubro dese mesmo ano, esta vez co seu nome real, publicou Tarzán dos monos que en 1914 aparecería en formato de libro.
Durante a segunda guerra mundial fíxose correspondente de guerra para Los Angeles Times e cubriu, con 66 anos de idade, o conflito no área do Pacífico sur.