Dino De Laurentiis (2009) |
|
Nacemento | (it) Agostino De Laurentiis 8 de agosto de 1919 Torre Annunziata, Italia |
---|
Morte | 10 de novembro de 2010 (91 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
---|
Educación | Centro Sperimentale di Cinematografia (pt) |
---|
|
Ocupación | produtor de cinema, actor, produtor |
---|
Período de actividade | 1938 - |
---|
|
Cónxuxe | Martha De Laurentiis (1990–2010), morte da persoa Silvana Mangano (1949–1988), divorcio |
---|
Fillos | Veronica De Laurentiis () Silvana Mangano Raffaella De Laurentiis () Silvana Mangano Federico De Laurentiis |
---|
Irmáns | Luigi De Laurentiis |
---|
Parentes | Aurelio De Laurentiis, sobriño |
---|
|
- (2002) Gran Premio Honorífico
- (1999) Prêmio Memorial Irving G. Thalberg (pt)
- (1955) Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, premiado polo traballo La strada
- David di Donatello for Best Producer (en) , premiado polo traballo Le notti di Cabiria, Tutti a casa (pt) , A Biblia, Bandits in Milan (en)
- Producers Guild of America Awards (en)
- León de Ouro pola carreira
- Premios Saturn
- Palm Springs International Film Festival (pt)
- Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana
- Nastro d'Argento for Best Producer (en) , premiado polo traballo La strada, Le notti di Cabiria, Tutti a casa (pt) , The Hunchback of Rome (en)
- David di Donatello for Best Film (en) , premiado polo traballo Waterloo (en)
- Flaiano Prize (en)
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Agostino "Dino" De Laurentiis, nado o 8 de agosto de 1919, e finado o 10 de novembro de 2010, foi un produtor de cinema italiano. Xunto con Carlo Ponti, foi un dos produtores que levaron o cine italiano á escena internacional ó final da segunda guerra mundial. Produciu ou co-producido máis que 500 filmes, dos cales 38 foron nomeado ós Premios Oscar. Tamén tivo unha breve carreira como actor a finais da década de 1930 e comezos da de 1940.
Traxectoria
Despois do seu primeiro filme, L'ultimo Combattimento (1940), Laurentiis produciu case 150 filmes durante as seguinte sete décadas. En 1946, a súa compañía Dino de Laurentiis Cinematografica, comezou a traballar na produción cinematográfica. Nos primeiros anos, De Laurentiis produciu filmes neorrealistas italianos como Arroz amargo (1949) e o clásico de Fellini La strada (1954) e Le notti di Cabiria (1956), a miúdo en colaboración co produtor Carlo Ponti. Na década de 1960, Laurentiis construíu as súas propias instalacións de estudio, aínda que estes colapsaron financeiramente durante a década de 1970. Porén, neste período De Laurentiis produciu filmes como Barrabás (1961), un filme relixioso épico; A Biblia (1966), Kiss the Girls and Make Them Die, unha imitación dun filme de James Bond; Navajo Joe (1966), un spaghetti western; A batalla de Anzio (1968), un filme da segunda guerra mundial; Barbarella (1968) e Danger: Diabolik (1968).
De Laurentiis trasladouse ós Estados Unidos en 1976,[1] e converteuse en cidadán estadounidense en 1986.[2] Na década de 1980 tivo o seu propio estudio, De Laurentiis Entertainment Group (DEG), con base en Wilmington, Carolina do Norte. A construción do estudio fixo que Wilmington se convertese nun centro de produción de cine e televisión.[3]
De Laurentiis fixo un gran número de filmes exitosos e aclamados, como The Scientific Cardplayer (1972), Serpico (1973), Death Wish (1974), Mandingo (1975), Os tres días do cóndor (1975), The Shootist (1976), Drum (1976), The Serpent's Egg de Ingmar Bergman (1977), Ragtime (1981), Conan o bárbaro (1982), Veludo azul (1986) e Breakdown (1997). O nome De Laurentiis fíxose famoso cos filmes King Kong (1976), que foi un grande éxito comercial; Lipstick (1976), un drama de violación e vinganza; Orca (1977), filme dunha candorca asasina; The White Buffalo (1977), un western; o filme de desastres Hurricane (1979); o remake Flash Gordon (1980); Dune (1984) de David Lynch e King Kong Lives (1986).
De Laurentiis produciu o primeiro filme baseado na personaxe de Hannibal Lecter, Manhunter (1986), unha adaptación da novela de Thomas Harris Red Dragon. Rexeitou participar na adaptación da secuela, O silencio dos cordeiros (1991), pero produciu os tres filmes seguintes, Hannibal (2001), Red Dragon (2002) e Hannibal Rising (2007).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas