Carlo Ponti

Modelo:BiografíaCarlo Ponti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Magenta, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xaneiro de 2007 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Milán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor de cinema, director de cinema, guionista, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1940 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeSophia Loren (1966–2007)
Giuliana Fiastri (1946–1957) Editar o valor en Wikidata
FillosGuendalina Ponti
 () Giuliana Fiastri
Alex Ponti
 () Giuliana Fiastri
Carlo Ponti
 () Sophia Loren
Edoardo Ponti
 () Sophia Loren Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0690638 Allocine: 36677
BNE: XX1486787 WikiTree: Ponti-19 Find a Grave: 17373192 Editar o valor en Wikidata

Carlo Fortunaro Pietro Ponti Sr., nado en Magenta (Lombardía) o 11 de decembro de 1912 e finado en Xenebra o 10 de xaneiro de 2007 foi un produtor de cinema italiano con máis de 140 realizacións.

Traxectoria

Ponti naceu en Magenta e estudou dereito na universidade de Milán. Uniuse á firma legal do seu pai en Milán e introduciuse no negocio cinematográfico a través da negociación de contratos.[1] Ponti intentou establecer unha industria cinematográfica en Milán en 1940 e produciu alí Piccolo Mondo Antico, de Mario Soldati, con Alida Valli no seu primeiro papel importante. O filme mostraba a loita italiana contra os austríacos durante a unificación italiana e supuxo un éxito debido a que era fácil de ver "os austríacos como alemáns" durante a segunda guerra mundial.[2] Como resultado, foi encarcerado brevemente por minar as relacións coa Alemaña nazi.[3]

Ponti aceptou unha oferta de Lux Film, de Riccardo Gualino en Roma en 1941, onde produciu unha serie de filmes con éxito protagonizados polo cómico Totò.[4] En 1954 conseguiu o seu maior éxito artístico coa produción de La strada, de Federico Fellini. Porén, Fellini negou a participación de Ponti no éxito e dixo que "La Strada se realizou a pesar de Ponti e De Laurentiis".[4] En 1965 produciu o seu maior éxito popular e financeiro, Doutor Zhivago, de David Lean.

Vida privada

Matrimonio

En 1946, casou con Giuliana Fiastri coa que tivo unha filla, Guendalina, en 1951.[5]

Mentres facía de xuíz nun concurso de beleza arredor de 1950, coñeceu unha actriz chamada Sofia Lazzaro, que contratou para filmes como Anna (1951). En 1952, o seu amigo Goffredo Lombardo, xefe de produción de Titanus, cambiou o nome de Lazzaro a Sophia Loren. Cinco anos despois, Ponti obtivo un divorcio mexicano da súa primeira dona e casou con Loren por poderes. O divorcio aínda estaba prohibido en Italia, e informáronlle que se volvía sería acusado de bigamia e Loren de concubinato. En 1960 ambos volveron ao seu país, e cando foron preguntados polo xulgado negaron estaren casados. En 1962 conseguiron a anulación do primeiro matrimonio, despois de que Ponti amañara con Giuliana que os tres se mudarían a Francia (onde o divorcio estaba permitido) e se nacionalizarían franceses. En 1965, Giuliana Ponti divorciouse do seu home, permitindo a Ponti casar con Loren en 1966 nunha voda civil en Sèvres.[1][6][7] Máis tarde convertéronse en cidadáns franceses cando a súa petición foi aprobada polo presidente Georges Pompidou.[8]

Intentos de secuestro

En 1975 houbo dous intentos fracasados de secuestrar a Ponti, incluíndo un que implicaba atacar o seu coche cunha arma de fogo.[1]

Cargos de contrabando

En 1979 foi xulgado in absentia por contrabando de diñeiro de obras de arte, multado por 22 billóns de liras e sentenciado a catro anos de prisión. Ponti non asistiu á audiencia, xa que a súa nacionalidade francesa o facía inmune para a extradición. Finalmente foi liberado dos seus cargos en 1990.[1]

Morte

Ponti faleceu en Xenebra de complicacións pulmonares o 10 de xaneiro de 2007.[2][9] Foi sobrevivido pola súa esposa, Sophia Loren; os seus fillos o director de orquestra Carlo, o produtor Alessandro e o director e antigo neno actor Edoardo Ponti;[5] e a súa filla, a avogada Guendalina.[4] Foi enterrado na tumba familiar en Magenta, Lombardía.[10]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Exshaw, John (12 de xaneiro de 2007). "Carlo Ponti". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2007. Consultado o 2007-01-12. 
  2. 2,0 2,1 Martin, Douglas (11 de xaneiro de 2007). "Carlo Ponti". The New York Times. Consultado o 14-1-2007. 
  3. "Movie Producer Carlo Ponti Dies". Kansas City Star. 10-1-2007. Consultado o 14-1-2007. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Lane, John Francis (11 de xaneiro de 2007). "Carlo Ponti". The Guardian. Consultado o 14-1-2007. 
  5. 5,0 5,1 "Carlo Ponti". Londres: The Times. 11 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 12-1-2007. 
  6. Sheri & Bob Stritof. "Sophia Loren and Carlo Ponti Marriage Profile". About. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 04 de febreiro de 2018. 
  7. "Italian Producer Carlo Ponti". Associated Press. January 2007. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2012. Consultado o 04 de febreiro de 2018. archived at TV Fan Forums 
  8. "Carlo Ponti, Husband to Sophia Loren, Dead at 94". Fox News. 10 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2013. Consultado o 04 de febreiro de 2018. 
  9. The Independent: Obituary Carlo Ponti
  10. WIST 12 de xaneiro de 2007: Producer Carlo Ponti buried