Diego Castro

Modelo:BiografíaDiego Castro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso60 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo17 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2003   Pontevedra CF 63(14)
2003–2006 Atlético Malagueño 90(2)
2005–2005 Málaga Club de Fútbol 2(0)
2006–2011   Sporting de Gijón 170(39)
2011–2015   Getafe CF 129(18)
2015– Perth Glory Football Club
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2007   Galicia 2(0)

UEFA: 250015860 Editar o valor en Wikidata

Diego Castro Giménez, nado en Pontevedra o 2 de xullo de 1982, é un exfutbolista galego, que xogaba de extremo esquerdo. Fillo do adestrador Fernando Castro Santos, comezou a súa carreira no Pontevedra, antes de militar na Primeira División nas filas do Málaga, o Sporting de Gijón e o Getafe. En 2015 fichou polo Perth Glory australiano, no que militou durante os seguintes seis anos, converténdose na maior lenda da historia do club. Está considerado por algúns como o mellor futbolista da historia da liga australiana.[1][2]

Traxectoria

Inicios

Comezou a xogar no equipo de fútbol base do seu colexio, o Sagrado Corazón, destacando con 11 anos no torneo escolar EDIT. Posteriormente xogou na Agrupación Xuvenil Lérez e na ACD A Seca, disputando con este último equipo a División de Honra Xuvenil.[3][4]

Pontevedra

No 2001 pasou ao Pontevedra, da Segunda División B, sendo o xogador de menos idade do equipo dirixido polo asturiano Raúl González.[4] Debutou na categoría de bronce na segunda xornada da tempada 2001/02, unha vitoria por 1-0 sobre o Barakaldo en Pasarón, saltando ao terreo de xogo nos minutos finais como substituto de Xaco. Completou a súa primeira tempada como futbolista con 24 partidos e 2 goles, pero a súa explosión chegou na seguinte campaña, na que anotou 12 goles, 3 deles na promoción de ascenso a Segunda.

Málaga B

En 2003 fichou polo Málaga B, daquela en Segunda División. A súa estrea na categoría de prata produciuse na terceira xornada, nun partido ante o Getafe. Militou tres tempadas no filial malaguista, disputando un total de 90 partidos oficiais, nos que marcou dous goles. O 4 de decembro de 2005 debutou co primeiro equipo do Málaga na Primeira División, nun encontro ante o Osasuna na Rosaleda, substituíndo no segundo tempo a Edgar. Na seguinte xornada xogou contra o Real Madrid.

Sporting de Gijón

En 2006 fichou polo Sporting de Gijón, nese momento en Segunda. No equipo de Manolo Preciado compartiu dianteira con David Barral e Congo, e na tempada 2007/08 conseguiu o ascenso á Primeira División. TItular indiscutible tamén na máxima categoría, ao remate da tempada 2008/09 foille concedido o Trofeo Molinón de Prata como mellor xogador do equipo.[5] Nas dúas seguintes tempadas foi o máximo goleador do equipo, con 10 e 9 tantos respectivamente. Militou no Sporting durante cinco tempadas, todas ás ordes de Preciado, e sumou un total de 174 partidos oficiais e 39 goles co equipo.

Getafe

En maio de 2011 anunciouse a súa incorporación ao Getafe.[6] Marcou sete goles en cada unha das súas dúas primeiras tempadas no equipo xetafense, ás ordes de Luis García Plaza, obtendo un 10º e un 11º postos en liga respectivamente. As súas cifras goleadoras reducíronse nas dúas seguintes campañas, nas que chegou a coincidir no equipo con outros tres futbolistas galegos (Borja Fernández, Pedro Mosquera e Roberto Lago). Deixou o Getafe no verán de 2015, despois de 139 partidos de 19 goles.

Perth Glory

A continuación, e con 33 anos, decidiu saír ao estranxeiro, fichando polo Perth Glory da A-League de Australia. Debutou no fútbol australiano na primeira xornada de liga, unha derrota por 3-2 ante o Central Coast Mariners, e dúas semanas despois marcou o seu primeiro gol, nunha vitoria por 3-1 sobre o Adelaide United no HBF Park. O 24 de xaneiro de 2016 marcou por primeira vez na súa carreira dous goles nun mesmo partido, na vitoria por 1-6 sobre o Newcastle Jets, e repetiu con outros dous goles na seguinte xornada diante do Melbourne Victory.

Pechou a súa primeira tempada en Australia Occidental como o cuarto máximo goleador da A-League, con 13 tantos, e foi galardoado coa Medalla Johnny Warren como o mellor xogador do campionato.[7] O equipo disputou as Series Finais e tamén a final da FFA Cup, na que perdeu ante o Melbourne Victory. Na seguinte campaña os seus números foron semellantes e o Perth Glory clasificouse de novo para as Series Finais, caendo eliminado por segundo ano consecutivo diante do Melbourne City.

Na tempada 2018/19 capitaneou o equipo, proclamándose campión da liga regular por primeira vez na historia do club. Nas Series Finais, o Perth acadou a gran final, que se celebrou no Perth Stadium diante de 56.371 seareiros,[8] pero acabou perdendo na quenda de penaltis ante o Sydney FC, despois de que o encontro rematase sen goles.[9] Diego Castro foi elixido no Equipo do Ano da liga.[10] Na tempada 2019/20 debutou na Liga de Campións da AFC, portando o brazalete de capitán nun encontro ante o FC Tokyo.[11] Disputou cinco partidos da fase de grupos, na que o seu equipo acabou último.

Deixou o Perth en outubro de 2021, despois de 149 partidos oficiais, 49 goles e 30 asistencias, e sendo considerado a maior lenda da historia do club e un dos mellores futbolistas da historia da liga australiana [12][2][1]

Estatísticas

Partidos e goles por equipo, tempada e competición
Equipo Tempada Liga Copa Promoción
de ascenso
Continental Total
División Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Pontevedra CF 2001–02[13] Segunda División B 21 2 0 0 3 0 24 2
2002–03[13] Segunda División B 33 9 2 0 5 3 40 12
Total 54 11 2 0 8 3 64 14
Málaga B 2003–04[13] Segunda División B 24 0 24 0
2004–05[13] Segunda División B 33 1 33 1
2005–06[13] Segunda División B 33 1 33 1
Total 90 2 90 2
Málaga 2005–06[13] La Liga 2 0 0 0 2 0
Sporting Gijón 2006–07[13] Segunda División 38 7 0 0 38 7
2007–08[13] Segunda División 37 7 1 0 38 7
2008–09[13] La Liga 32 6 2 0 34 6
2009–10[13] La Liga 35 10 0 0 35 10
2010–11[13] La Liga 28 9 1 0 29 9
Total 170 39 4 0 174 39
Getafe 2011–12[13] La Liga 31 7 0 0 31 7
2012–13[13] La Liga 34 7 3 0 37 7
2013–14[13] La Liga 32 1 3 0 35 1
2014–15[13] La Liga 32 3 4 1 36 4
Total 129 18 10 1 139 19
Perth Glory 2015–16[14] A-League 26 13 3 0 29 13
2016–17[14] A-League 27 13 0 0 27 13
2017–18[14] A-League 22 7 0 0 22 7
2018–19[14] A-League 22 9 1 0 23 9
2019–20[14] A-League 18 4 1 0 2 0 21 4
2020–21[14] A-League 21 3 0 0 3 0 24 3
Total 136 49 5 0 8 3 5 0 149 49
Total na carreira 581 119 21 1 8 3 5 0 615 123

Vida persoal

É fillo de Fernando Castro Santos, que fora futbolista do Pontevedra e adestrador de numerosos clubs, entre eles o propio Pontevedra e o Compostela, ao que ascendeu dende a Terceira División até a Primeira. Ten dous fillos: Iker e Zoe.[15]

Palmarés

Perth Glory

Notas

  1. 1,0 1,1 "Perth Glory striker Diego Castro hailed A-League's greatest ever" (en inglés). 13 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "The best foreigners to play in the Isuzu UTE A-League: Part 3" (en inglés). 24 de xaneiro de 2023. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  3. Fernández, José Manuel (23 de novembro de 2008). "Dieguito ya es jugador de Primera". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Una plantilla en su plenitud". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xullo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  5. Rosety, Manuel (27 de xullo de 2009). "Diego Castro gana el Molinón de Plata" (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  6. "Diego Castro confirma su marcha al Getafe y se despide del Sporting" (en castelán). 23 de maio de 2011. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  7. "Diego Castro, nombrado mejor jugador de la Liga australiana". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de abril de 2016. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  8. "Perth Glory A-League Grand Final moves into extra time after VAR controversy" (en inglés). 19 de maio de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  9. Hytner, Mike (19 de maio de 2019). "A-League grand final: Sydney FC beat Perth Glory in penalty shootout – as it happened" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  10. "Phoenix duo Roy Krishna, Filip Kurto make PFA A-League team of season" (en inglés). 15 de maio de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  11. "FC Tokyo 1-0 Perth Glory". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  12. Espiño, Diego (14 de outubro de 2021). "Diego Castro se despide del Perth Glory después de 6 años: "Ha sido uno de los mejores jugadores que jamás haya visto el fútbol australiano"". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  13. 13,00 13,01 13,02 13,03 13,04 13,05 13,06 13,07 13,08 13,09 13,10 13,11 13,12 13,13 13,14 "Diego Castro: Diego Castro Jiménez". BDFutbol. Consultado o 23 September 2015. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 "Diego Castro". Soccerway. Consultado o 3 October 2015. 
  15. Calvo, Naso (9 de novembro de 2022). "Fernando Castro Santos: «Dejé el fútbol a los 61, me jubilé y ahora el día me pasa volando»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

Ligazóns externas