Manuel "Manolo" Preciado Rebolledo, nado en El Astillero (Cantabria) o 28 de agosto de 1957 e finado en Valencia o 7 de xuño de 2012, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa.
Traxectoria
O 31 de xaneiro de 2012 foi destituído como adestrador do Sporting de Gijón.[1]
O 6 de xuño de 2012, asinou un contrato por un ano co Villarreal CF, co obxectivo de devolvelo á Liga BBVA tras o seu descenso na tempada anterior[2]. Porén, un día despois faleceu nun residencial da praia El Perelló, en Valencia[3], por mor dun infarto de miocardio agudizado por un virus[4].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas