Desoxiadenosina difosfato

Desoxiadenosina difosfato[1]
Identificadores
Número CAS 2793-06-8
PubChem 620
MeSH Deoxyadenosine+diphosphate
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H15N5O9P2
Masa molecular 411,201722

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A desoxiadenosina difosfato ou difosfato de desoxiadenosina, abreviado como dADP, é un nucleótido formado polo nucleósido desoxiadenosina esterificado cun grupo de dous fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada adenina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo de dous fosfatos esterificado no carbono 5', os cales están unidos entre si por enlace anhidro.

A dADP, como en xeral todos os desoxirribonucleótidos difosfato (menos o dTDP), fórmase a partir do ribonucleótido difosfato correspondente, neste caso ADP, cuxa ribosa é reducida en posición 2' a desoxirribosa pola ribonucleótido redutase. Nesta reacción intervén a proteína transportadora de hidróxeno tiorredoxina[2].

Tiorredoxina reducida + ADP tiorredoxina oxidada + dADP + H2O

O dADP pode fosforilarse nunha reacción co ATP para dar dATP, catalizada por unha quinase.

ATP + dADP ADP + dATP

Notas

  1. dADP - Compound Summary, PubChem.
  2. Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. Páxina 633. ISBN 84-282-0738-0