Dermatán sulfato.
O dermatán sulfato ou sulfato de dermatán é un heteropolisacárido pertencente ao grupo dos glicosaminoglicanos , que se atopa principalmente na pel , pero tamén nos vasos sanguíneos , válvulas cardíacas , tendóns , pulmóns e noutros tecidos[ 1] .
Está formado por unha unidade disacárida repetida constituída por unha N-acetilgalactosamina sulfatada no carbono 4 e un ácido L-idurónico (substituído algunhas veces polo ácido glicurónico ) [ 2] , que están unidas por enlace O-glicosídico α-1,3. O ácido idurónico orixínase por epimerización do ácido glicurónico . Tamén se poden atopar na molécula restos de galactosa e xilosa . A molécula non está ramificada e está unida a proteínas formando proteoglicanos . Sintetízase no aparato de Golgi e excrétase fóra da célula.
Antes, o dermatán sulfato denominábase condroitín sulfato B , pero esta denominación xa case non se usa.
Función
O dermatán sulfato pode intervir na coagulación sanguínea como anticoagulante [ 3] , enfermidades cardiovasculares , carcinoxénese , infeccións , curación de feridas , e fibrose .[ 4]
Patoloxía
O dermatán sulfato acumúlase anormalmente en varios dos trastornos chamados mucopolisacaridoses [ 5] , como na enfermidade de Hurler , causada por un defecto no encima lisosómico alfa-L-iduronidase, e excreción urinaria excesiva de heparán sulfato e dermatán sulfato.
Un exceso de dermatán sulfato na válvula mitral da autrícula esquerda do corazón é característica da dexeneración mixomatosa das valvas da válvula, que orixina finalmente o prolapso da válvula mitral e insuficiencia cardíaca. Este prolapso crónico aparece principalmente en mulleres de máis de 60 anos, e pode predispoñer ao paciente a unha calcificación anular mitral.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas