Este artigo refírese a unha parte anatómica do corazón. Para outra acepción ver: Válvula
As válvulas do corazón ou válvulas cardíacas atópanse no corazón, onde son as responsábeis de regular o fluxo de sangue, deixando pasar o sangue cando cómpre dende os condutos de saída das catro cavidades do corazón. Son quen de deixar circular o sangue na dirección adecuada, evitando que esta recúe cara a atrás. As súas funcións é poderen manter illado durante uns intres o fluxo sanguíneo nalgunha das catro cavidades. Ao se contraer o corazón, contraen tamén nunha secuencia determinada as catro cavidades. Sen as válvulas, o sangue tornaría ás cavidades após a contracción, co cal o corazón non faría a súa función.
Tipos de válvulas
As válvulas cardíacas son catro clasifícanse en dous grupos: