Ecocardiografía

Ecocardiografía en 4D: a tempo real e en 3D.

A ecocardiografía, tamén coñecida coma ultrasón cardíaco ou ecocardiograma, é unha tecnoloxía sanitaria que emprega técnicas ecográficas estándares para producir imaxes en rebandas de dúas dimensións do corazón. Ademais, os últimas sistemas de ultrasóns empregan agora imaxes ao vivo en 3D. Desde os comezos, as técnicas de imaxe teñen sido melloradas; os modos A e B (unidimensionais) foron perfeccionados dando paso ao modo M. Este derradeiro modo, malia ser aínda adoito empregado, representa na pantalla un único feixe do modo 2D, e emprégase de xeito complementario a este. Na actualidade, o modo máis utilizado é o 2D, permitido obter imaxes a tempo real e en dúas dimensións. Pódese tamén complementar con outras téxnicas coma o Doppler tisular ou contrastes.

A imaxe resultante dunha ecocardiografía é similar á obtida por calquera outra proba ecográfica. Dita imaxe obtense grazas a un transductor piezoeléctrico que emite e recibe ecos de ultrasóns.

A ecocardiografía adóitase realizar dende o tórax, colocando o transductor sobre o peito, entre as costelas, denominándose así ecocardiografía transtorácica. Outro xeito de realizalo é de xeito transesofáxico, isto é, a través do esófago. Este método, máis invasivo, baséase na introdución do transdutor pola boca do paciente até chegar ao esófago. Esta técnica é a axeitada para observar a aurícula esquerda, xa que esta se atopa a carón do esófago.[1]

Notas

  1. MedlinePlus (ed.). "Ecocardiografía.". Consultado o 1 de novembro de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas