As valvulopatías constitúen un grupo de doenzas que afectan ás válvulas cardiacas, independentemente da súa etioloxía ou a gravidade do cadro clínico que produzam. Calquera das catro válvulas do corazón: aórtica e mitral no lado esquerdo e a pulmonar e tricúspide no lado dereito, pódense obstruír ou chegar á regurxitación ao ventrículo ou á aurícula. As valvulopatías poden ser conxénitas no nacemento ou adquiridas ao longo da vida.
Aproximadamente preto dun 2% da poboación adulta é portadora dunha valvulopatía, sendo a insuficiencia mitral a máis frecuente[1]. Esta prevalenza aumenta coa idade, até o punto de chegar até entre o 10 e o 15% nos pacientes de máis de 75 anos.
O sopro cardíaco, son característico detectado na auscultación cardíaca que é ocasionado por un fluxo sanguíneo turbilionar ou turbulento, é un dos sinais máis comúns ao exame físico dun paciente portador dunha valvopatía.
O tratamento depende da severidade do trastorno e inclúe tratamento médico ou cirúrxico mediante a reparación ou reemplazamento da válvula afectada.