En cardioloxía, a miocardiopatía restritiva é a menos común das miocardiopatías, aínda que tamén a máis grave. Está caracterizada pola rixidez do miocardio, que comporta unha limitación na capacidade do corazón para se dilatar e posteriormente echerse axeitadamente de sangue. A contractilidade e a ritmicidade do corazón pode ser normal, e tamén o seu tamaño. Porén, as ríxidas paredes dos ventrículos e das aurículas, non son quen de permitir que o sangue encha as cavidades cardíacas. É por iso que o gasto cardíaco vese reducido e o sangue que normalmente entraría no corazón e no sistema circulatorio. Co paso do tempo, os doentes de miocardiopatía restritiva desenvolven unha disfunción diastólica e, finalmente, insuficiencia cardíaca.