Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
A xilulosa (/ksilulósa/) é un monosacárido de cinco átomos de carbono (é unha pentosa), que contén un grupo cetona no carbono 2 (é unha cetosa). A súa fórmula é C5H10O5. Ten dous carbonos asimétricos, o 3 e o 4, con orientacións distintas[3]. Na natureza existen os dous enantiómeros, a L-xilulosa e a D-xilulosa. O nome IUPAC da L-xilulosa é (3R,4S)-1,3,4,5-Tetrahidroxipentan-2-ona.
Outro derivado, a 1-desoxi-D-xilulosa, pode incorporarse con facilidade á vía metabólica de síntese de isoprenoides en plantas e bacterias.
A L-xilulosa acumúlase na urina dos pacientes de pentosuria, enfermidade debida a unha deficiencia de L-xilulosa redutase. Como a L-xilulosa é un azucre redutor, igual ca a D-glicosa, os enfermos de pentosuria foron no pasado diagnosticados como diabéticos erroneamente.