O campión foi Brasil que goleou na final, disputada no Waldstadion de Frankfurt, a Arxentina por 4-1, adxudicándose o torneo por segunda vez na súa historia.
Os oito participantes deste torneo son invitados oficialmente pola FIFA. Estes corresponden, en xeral, aos campións dos diversos torneos continentais e do Mundial, así como tamén o país anfitrión. Nesta edición Arxentina participou sendo subcampión de América, xa que o Brasil era o campión do Mundial e da Copa América, e aínda que se suxería dar a praza ao subcampión mundial, este era Alemaña, quen xa ocupaba praza de anfitrión, polo que quedaba unha praza libre.
Grecia e Tunisia debutaron nesta edición na competición.
Lenda: Pts: Puntos; PJ: Partidos xogados; PG: Partidos gañados; PE: Partidos empatados; PP: Partidos perdidos; GF: Goles a favor; GC: Goles en contra; Dif: Diferenza de goles.