Copa (botánica)Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Copa (homónimos).
En botánica denomínase copa dunha planta á parte superior dunha árbore ou dun arbusto, formada polo caule e o conxunto das pólas, incluíndo as follas, e as estruturas reprodutivas.[1] Nas especies caducifolias tamén se denomina copa ao tronco e ramas desprovistas de follas.[2] EtimoloxíaO termo copa procede do latín vulgar cuppa, e este do latín cásico cūpa, -ar, "cuba", "barril", "tonel". CaracterísticasAs formas das copas son moi variábeis. Os principais tipos de árbores son de hábito excurrente con ramificación en formas conoides, ou decurrente, que dá lugar a formas arredondadas. Tamén se poden caracterizar pola súa anchura, profundidade, área superficial, volume e densidade. As medicións das copas son importantes na cuantificación e cualificación da sanidade vexetal, etapas de crecemento e eficiencia. As principais funcións da copa inclúen a asimilación da enerxía da luz, a absorción de dióxido de carbono e a liberación de oxíxeno a través da fotosíntese, a liberación de enerxía pola respiración, e o liberación de auga á atmosfera pola transpiración. Estas funcións son realizadas polas follas. As pólas da copa proporcionan soporte mecánico para distribuír as follas de maneira eficiente e servir como condutos para os recursos (auga, nutrientes) para realizar estas funcións. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
|