O Conservatorio de Pontevedra foi fundado en 1863, o que o converte nun dos conservatorios máis antigos que funcionan en Galiza. Dende 1992 está integrado na rede pública de conservatorios da Xunta de Galiza, impartindo os graos elemental e profesional dos plans de estudos regulados no RD 268/1966 ata a súa extinción, e o regulado no 253/1993 en vixencia e os estipulados na LOE/07 do 27 de setembro. En 2004 o Conservatorio abandonou a súa localización na céntrica rúa de Afonso XIII para trasladarse á avenida de Xoán Carlos I, no barrio da Parda da capital pontevedresa, o que supuxo o incremento da súa oferta educativa e o aumento do alumnado, aumentando en consecuencia o número de profesores e especialidades, engadindo tamén música antiga.
O edificio actual comprende un total de aproximadamente 3.200 m² distribuídos en catro andares, ós que se suma aparcadoiro para 26 prazas e xardíns. O centro conta coas seguintes instalacións:[1],[2]
27 aulas de ensino instrumental.
9 aulas de ensino non instrumental.
2 aulas de música de cámara.
1 aula polivalente.
1 aula de informática aplicada á música.
24 cabinas de estudio.
3 despachos.
1 sala de secretaría.
1 conserxería.
3 despachos destinados a usos varios (departamentos etc).
Sala de profesores.
Auditorio con máis de 200 localidades.
Biblioteca-fonoteca.
Cafetería.
Aseos, cuartos de limpeza.
Almacén xeral e cuartos de instalacións (no soto).