Composto azo

Fórmula química xeral dos compostos azo.

Os compostos azo[1], azocompostos, compostos azoicos ou azoderivados son compostos químicos que levan o grupo funcional R-N=N-R', no cal R e R' poden ser un arilo ou un alquilo. A IUPAC define estes compostos como: "Derivados do diazeno (diimida), HN=NH, nos que ambos os hidróxenos son substituídos por grupos hidrocarbilo, por exemplo, PhN=NPh azobenceno ou difenildiazeno."[1] Os derivados máis estables conteñen dous grupos arilo. O grupo N=N denomímase grupo azo. O nome azo procede de azote, termo francés (e tamén galego[2]) que significa nitróxeno, derivado do grego a (non) + zoe (vivir).

Moitos destes compostos son importantes tinturas e pigmentos.[3] En 1884 sintetizouse o vermello congo, un colorante azoico que se empregou para tinguir algodón, e actualmente os colorantes azoicos son os máis utilizados na industria téxtil.

Tinturas e pigmentos

miniatura|200px|Unha tintura azo amarela. Cando o grupo azo está conxugado con dous aneis aromáticos, o composto que o contén absorbe radiación electromagnética no espectro visible, polo que presenta coloración e, ademais, esta é intensa. Isto fai que se empreguen como colorantes na industria téxtil, papeleira, alimentaria etc. Como consecuencia da п-deslocalización que presentan, os compostos azo de arilo teñen vivas cores, especialmente vermellas, laranxas e amarelas. Estas tinturas ou colorantes denomínanse colorantes azo, un exemplo dos cales é a Laranxa Dispersa 1. Outro exemplo é o p-dimetilaminoazobenceno, que se ten empregado como colorante na margarina. A presenza doutros grupos no composto pode provocar que este absorba a distintas lonxitudes de onda, dando lugar a colorantes de diversas cores. Tamén poden facer que o composto absorba a luz con maior ou menor intensidade. Igualmente, algúns grupos (por exemplo grupos sulfónicos) serven para que o composto sexa soluble no medio no que se vai aplicar.

Algúns compostos azo, como o laranxa de metilo, utilízanse como indicadores ácido-básicos porque teñen diferentes cores nas súas formas de ácido ou sal. A maioría dos discos DVD-R/+R e algúns CD-R usan pigmentos azuis azo na capa de gravación. O desenvolvemento dos colorantes azo foi un paso importante no desenvolvemento da química industrial.

Os pigmentos azo utilizados na industria están formados por partículas inicialmente incoloras (xeralmente arxilas), que se colorean utilizando compostos azo. Os pigmentos azo son importantes na elaboración de varios tipos de pinturas, incluíndo pinturas artísticas. Teñen unhas propiedades de cor excelentes, principalmente na gama do amarelo ao vermello, e son resistentes á luz. A resistencia á luz depende non só das propiedades do composto azo orgánico, senón tamén do modo en que se absorben no portador do pigmento. Moitos pigmentos azo non son tóxicos, aínda que algúns como o laranxa de dinitroanilina, a laranxa de orto-nitroanilina, ou os pigmentos laranxa 1, 2, e 5 son mutaxénicos.[4] Ademais, en varios casos estudados asociouse aos pigmentos azo co carcinoma de célula basal.[5]

Química orgánica

Compostos azo de arilo

Os compostos azo de arilo son xeralmente especies químicas estables e cristalinas. O azobenceno é un exemplo prototípico de composto azo aromático. Aparece xeralmente como o isómero trans, pero se sofre fotólise, convértese no isómero cis. Os compostos azo aromáticos poden sintetizarse utilizando unha reacción de acoplamento azo, a cal consiste nunha reacción de substitución electrofílica na que un catión aril diazonio é atacado por outro anel arilo, especialmente un anel substituído con grupos doantes de electróns.[6] Como os sales de diazonio son a miúdo inestables ás temperaturas moderadas dunha habitación, as reaccións de acoplamento azo realízanse normalmente a temperaturas de conxelación. A oxidación das hidrazinas (R-NH-NH-R') tamén dá lugar a compostos azo.[7] Os colorantes azo derivados da bencidina son carcinóxenos, e a exposición a eles foi asociada clasicamente ao cancro de vexiga.[8] Por esta razón, a produción de colorantes azo de bencidina foi interrompida na década de 1980 "nos países industrializados occidentais máis importantes".[9]

Compostos azo de alquilo

Os compostos azo alifáticos (R e/ou R' = alifático) encóntranse menos comunmente que os compostos azo de arilo. Un exemplo é o dietildiazeno, EtN=NEt.[10] A temperaturas elevadas ou con irradiación, os enlaces carbono-nitróxeno (C-N) de certos compostos azo de arilo rompen liberando gas nitróxeno (N2) para xeraren radicais libres. Debido a este proceso, algúns compostos azo alifáticos utilízanse como iniciadores de radicais. Debido á súa inestabilidade, os compostos azo alifáticos teñen o risco de estoupar.

Un composto azo de alquilo comercialmente importante é o azobisisobutironitrilo (AIBN) que se usa moito como iniciador de polimerización. Realiza o seu labor de iniciador por descomposición química, eliminando unha molécula de gas nitróxeno para formar dous radicais 2-cianoprop-2-il:

Estes radicais poden iniciar polimerizaciós de radicais libres e outras reaccións inducidas por radicais. Por exemplo, unha mestura de estireno e anhídrido maleico en tolueno reacciona ao quentala, formando o copolímero ao engadir AIBN. O AIBN prodúcese ao converter acetona cianohidrina nun derivado hidrazina, seguido dunha oxidación:[11]

2 (CH3)2C(CN)OH + N2H4 → [(CH3)2C(CN)]2N2H2 + 2 H2O
[(CH3)2C(CN)]2N2H2 + Cl2 → [(CH3)2C(CN)]2N2 + 2 HCl

Regulación europea

Certos colorantes azo poden descompoñerse en condicións redutoras liberando certas aminas aromáticas nocivas. Na Unión Europea está prohibida desde 2003 a fabricación e venda de mercadorías de consumo que conteñan aminas aromáticas incluídas nunha lista de aminas nocivas, que se orixinaron a partir dos colorantes azo. Foron poucos os produtos que se viron afectados, xa que só un pequeno número de colorantes contiñan estas aminas.[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 IUPAC GoldBook Azo compounds 2013
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para azote.
  3. 3,0 3,1 European Ban on Certain Azo Dyes Arquivado 13 de agosto de 2012 en Wayback Machine., Dr. A. Püntener and Dr. C. Page, Quality and Environment, TFL
  4. Tucson University. "Health & Safety in the Arts, A Searchable Database of Health & Safety Information for Artists". Tucson University Studies. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2009. Consultado o 24 de decembro de 2013. 
  5. Eva Engel, Heidi Ulrich, Rudolf Vasold, Burkhard König, Michael Landthaler, Rudolf Süttinger, Wolfgang Bäumler (2008). "Azo Pigments and a Basal Cell Carcinoma at the Thumb". Dermatology 216 (1): 76–80. PMID 18032904. doi:10.1159/000109363. 
  6. H. T. Clarke and W. R. Kirner (1941), "Methyl Red", Org. Synth. ; Coll. Vol. 1: 374 [1]
  7. March, J. “Advanced Organic Chemistry” 5th Ed. J. Wiley and Sons, 1992: New York. ISBN 0-471-60180-2.
  8. Golka K, Kopps S, Myslak ZW (2004). "Carcinogenicity of azo colorants: influence of solubility and bioavailability". Toxicology Letters 151 (1): 203–10. PMID 15177655. doi:10.1016/j.toxlet.2003.11.016.  Review.
  9. Klaus Hunger, Peter Mischke, Wolfgang Rieper, Roderich Raue, Klaus Kunde, Aloys Engel "Azo Dyes” in Ullmann’s Encyclopedia of Industrial Chemistry, 2005, Wiley-VCH, Weinheim.doi 10.1002/14356007.a03_245.
  10. Ohme, R.; Preuschhof, H.; Heyne, H.-U. (1988), "Azoethane", Org. Synth. ; Coll. Vol. 6: 78 [2]
  11. Jean-Pierre Schirmann, Paul Bourdauducq "Hydrazine" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, Wiley-VCH, Weinheim, 2002. doi 10.1002/14356007.a13_177.

Read other articles:

Dekomposer atau pengurai adalah organisme yang memakan organisme mati dan produk-produk limbah dari organisme lain. [1]. Pengurai memecah sisa-sisa organisme mati dan melepaskan nutrisi kembali ke tanah. Hasil dekomposisi berupa senyawa anorganik, seperti karbon dioksida, nitrogen, dan fosfor, dilepaskan kembali ke tanah. Nutrisi ini kemudian dapat digunakan kembali oleh tanaman untuk pertumbuhan dan perkembangannya. Contoh pengurai (dekomposer) adalah serangga, cacing tanah, bakteri,...

 

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Animax Latin America – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2015) (Learn how and when to remove this template message) Television channel AnimaxCountryBrazil (Independent Feed)[1]VenezuelaBroadcast areaLatin AmericaNetworkAnimaxProgram...

 

 

قائمة سفراء الولايات المتحدة لدى المملكة المتحدة عن المنصب تعديل مصدري - تعديل   سفير الولايات المتحدة لدى المملكة المتحدة (المعروف رسميًا في المملكة المتحدة كسفير للولايات المتحدة لدى محكمة سانت جيمس) هو الممثل الرسمي لرئيس وحكومة الولايات المتحدة الأمريكية لدى ملكة �...

Podium di Olimpiade Musim Dingin 2010. Peraih medali seluncur indah tunggal putri: Mao Asada (kiri, perak), Yuna Kim (tengah, emas), Joannie Rochette (kanan, perunggu).Seorang konduktor orkestra berdiri di atas podium, sehingga dia dapat melihat dan dilihat oleh para musisi. Podium (atau Podia) adalah sebuah platform yang digunakan untuk mengangkat sesuatu ke atas lingkungannya. Kata ini berasal dari bahasa Yunani, πόδι (kaki). Dalam arsitektur, bangunan bisa diletakkan di atas podium bes...

 

 

Молитвы на сон грядущим Моли́твы на сон гряду́щим[1] (вече́рние моли́твы) — заключительная часть обязательного ежедневного регулярного молитвенного (келейного) правила прихожанина и клирика Русской православной церкви, а также некоторых поместных церквей, историч�...

 

 

Village in Safad, Mandatory PalestineKirad al-Baqqara كراد البقارةVillage 1870s map 1940s map modern map 1940s with modern overlay map A series of historical maps of the area around Kirad al-Baqqara (click the buttons)Kirad al-BaqqaraLocation within Mandatory PalestineCoordinates: 33°01′07″N 35°36′04″E / 33.01861°N 35.60111°E / 33.01861; 35.60111Palestine grid206/269Geopolitical entityMandatory PalestineSubdistrictSafadDate of depopulationAp...

Hill fort in India This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Jivdhan – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2012) (Learn how and when to remove this message) Jivdhan FortJivdhan Fort from NaneghatHighest pointElevation3754 ft.[1]Coordinates19°16′39″N 73°41′12″E&#x...

 

 

Voce principale: Associazione Sportiva Livorno Calcio. Associazione Sportiva Livorno CalcioStagione 1996-1997Sport calcio Squadra Livorno Allenatore Francesco Paolo Specchia, Paolo Stringara Presidente Claudio Achilli Serie C22º posto nel girone B. Promosso Maggiori presenzeCampionato: Boccafogli, Cordone (34) Miglior marcatoreCampionato: Bonaldi (19)Totale: Bonaldi (21) StadioStadio Armando Picchi 1995-1996 1997-1998 Si invita a seguire il modello di voce Questa pagina raccoglie le in...

 

 

Le informazioni riportate non sono consigli medici e potrebbero non essere accurate. I contenuti hanno solo fine illustrativo e non sostituiscono il parere medico: leggi le avvertenze. Herpes labialeHerpes labiale a livello del labbro inferioreSpecialitàinfettivologia e dermatologia Classificazione e risorse esterne (EN)ICD-9-CM054.9 ICD-10B00.1 MeSHD006560 Modifica dati su Wikidata · Manuale L'herpes labiale è una malattia infettiva causata prevalentemente dal virus Herpes simplex 1...

Voce principale: S.P.A.L.. S.P.A.L.Stagione 2022-2023La curva ovest del Paolo Mazza il 29 ottobre 2022 in occasione di SPAL-Südtirol Sport calcio Squadra SPAL Allenatore Roberto Venturato (1ª-8ª) Daniele De Rossi (9ª-24ª) Massimo Oddo (25ª-38ª) All. in seconda Andrea Bruniera (1ª-8ª) Carlo Cornacchia (9ª-24ª) Marcello Donatelli (25ª-38ª) Presidente Joe Tacopina Serie B19º. Retrocessa in Serie C Coppa ItaliaSedicesimi Maggiori presenzeCampionato: Dickmann (36)Totale: Dickma...

 

 

Explanation of unemployment in the United States, presently and historically This article is part of a series on theEconomy of theUnited States Economic history Agricultural history Banking history Petroleum history Shipbuilding Industrial Revolution in the United States History of the United States dollar Lumber history Tariff History United States dollar § History History by state Sectors Primary sector Agriculture Energy Petroleum Electricity Mining Fishing Forestry Water and sanitation S...

 

 

الإمام المتوكل على الله يحيى حميد الدين فترة الحكم1904 – 17 فبراير 1948 (44 عاماً) محمد بن يحيى حميد الدين أحمد يحيى حميد الدين معلومات شخصية الميلاد 18 يونيو 1869(1869-06-18)صنعاء الوفاة 17 فبراير 1948 (78 سنة)صنعاء، اليمن مكان الدفن حي بير العزب  قتله علي ناصر القردعي  مواطنة المملكة ا�...

  关于与「荷兰」標題相近或相同的条目页,請見「荷兰 (消歧義)」。 荷蘭Nederland(荷蘭語) 国旗 国徽 格言:Je maintiendrai(法文)Ik zal handhaven(荷兰文)「堅持不懈」[a]国歌:《威廉颂》(Het Wilhelmus)noicon國家象徵:郁金香、风车(非官方)荷兰欧洲區位置(深綠色)荷兰加勒比區位置[b]本土及海外領土首都暨最大城市阿姆斯特丹52°22′N 4°53′E...

 

 

دوري المحترفين الإيراني 2005–06 تفاصيل الموسم دوري المحترفين الإيراني  البلد إيران  المنظم اتحاد إيران لكرة القدم  البطل نادي استقلال طهران  عدد المشاركين 16   دوري المحترفين الإيراني 2004–05  دوري المحترفين الإيراني 2006–07  تعديل مصدري - تعديل   دوري المحترف...

 

 

أدت الخلافات والانقسامات الكنسيّة والتباعد الجغرافي النسبي بين أتباع إثنية آشوريون/سريان/كلدان إلى نشوء عدة تسميات لهم. ولعل أهمها: الآشوريون العلم الآشوري؛ يمثل الهوية العرقية الآشوريّة. بالسريانية: ܣܘܪܝܝܐ آشورايي؛ وهذه التسمية مأخوذة مباشرةً من الآشوريون القدماء الذ...

土性沙羅个人资料国籍 日本出生 (1994-10-17) 1994年10月17日(29歲) 日本三重縣松阪市身高1.59米(5英尺21⁄2英寸)体重69公斤(152磅)运动运动摔跤项目自由式摔角职业院校校队至學館大學(日语:至学館大学)队伍東新住建(日语:東新住建)教练榮和人 奖牌记录 女子自由式摔角 代表 日本 奧林匹克運動會 2016年 里約 69公斤級 世界摔跤錦標賽 2017年 巴黎 69公...

 

 

Community of organisms that live in the benthic zone Seaweed and two chitons in a tide pool Part of a series related toBenthic life Benthos              Benthic zoneBenthopelagic (coupling)        Seabed By size macrobenthos meiobenthos microbenthos By type zoobenthos phytobenthos By location endobenthos epibenthos hyperbenthos By habitat    Shallow: tide pool • bay mud • bivalve reef ...

 

 

Pour les articles homonymes, voir Glorieuse. Journées de Juin Barricades de la rue du Faubourg-du-Temple durant les journées de Juin (daguerréotype de 1848). Informations générales Date 22 - 26 juin 1848(4 jours) Lieu Paris Casus belli Fermeture des ateliers nationaux. Issue Victoire de la République Belligérants  République française Socialistes Commandants Louis-Eugène Cavaignac Forces en présence 70 000 hommes[1] 25 000 à 50 000 hommes[2],[3]...

هورست كوبل معلومات شخصية الميلاد 17 مايو 1948 (العمر 76 سنة)شتوتغارت الطول 1.77 م (5 قدم 9 1⁄2 بوصة) مركز اللعب مهاجم  الجنسية ألمانيا  مسيرة الشباب سنوات فريق 1953–1958 SpVgg Neuwirtshaus 1958–1964 FV Zuffenhausen 1964–1966 شتوتغارت المسيرة الاحترافية1 سنوات فريق م. (هـ.) 1966–1968 شتوتغارت 61 (2...

 

 

Flags of Islamic states or other entities An Islamic flag is the flag either representing an Islamic Caliphate, religious order, state, civil society, military force or other entity associated with Islam. Islamic flags have a distinct history due to the Islamic prescription on aniconism, making particular colours, inscriptions or symbols such as crescent-and-star popular choices. Since the time of the Islamic prophet Muhammad, flags with certain colours were associated with Islam according to...