A Comisión Baleeira Internacional (CBI), en inglés, International Whaling Commission (IWC), é un organismo internacional creado o 2 de decembro de 1946 pola Convención Internacional para a Regulación da Caza de Baleas, mediante un acordo asinado en Washington. A Comisión fundouse coa finalidade de regular a caza e o comercio de cetáceos.[1]
A sede central da CBI encóntrase en Brighton, Inglaterra.
Consta de tres comités principais:
- Científico.
- Técnico.
- Finanzas e administración.
Tradicionalmente, a CBI reúnese anualmente nos meses de maio ou xuño.
Cada estado participante está representado por un comisionado, que pode asistir acompañado de expertos e asesores.
Antecedentes
De acordo con Philip Hoare, os intentos por chegar a acordos internacionais para controlar a caza de cetáceos remóntanse polo menos a 1935. Nese ano, a Liga de Nacións auspiciou un primeiro borrador que só foi aprobado por Gran Bretaña e Noruega, as dúas maiores nacións baleeiras naquelas datas, que en conxunto representaban o 95 % das máis de 30 000 baleas que se cazaban anualmente.[2]
O ano seguinte produciuse o primeiro intento de crear unha Conferencia Internacional Baleeira, pero só asistiron dous dos membros convocados, Gran Bretaña e Noruega. Alemaña enviou un observador coa misión de deixar en claro que quería "completa liberdade de acción, pois era o principal consumidor mundial de aceite de balea".[2]
En 1937 celebrouse en Londres unha conferencia internacional con representantes de Suráfrica, Estados Unidos, Arxentina, Australia, Alemaña, Irlanda, Nova Zelandia, Gran Bretaña e Noruega. Na intervención de Gran Bretaña, o entón Ministro de Agricultura e Pesca advertiu que "a balea azul sería exterminada se as cousas seguían como andaban, e a industria baleeira do Antártico pronto tería que pechar".[2] Nesta conferencia pactouse que se prohibiría, mediante normas legais internacionais, a caza peláxica durante nove meses do ano. Así mesmo, dictaminouse a protección total das femias e as súas crías, e establecéronse zonas de reserva onde os buques baleeiros non poderían entrar.
A moratoria de 1986
Na década de 1970 asistiu ao inicio do movemento mundial contra a caza de baleas. En 1972, a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano[3] celebrada en Estocolmo aprobou unha proposta que recomendaba unha moratoria de dez anos na caza comercial de cetáceos para permitir que as poboacións destes animais pudieran recuperarse. Os informes da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas en 1977 e 1981 [4] identificou a varias especies de baleas en perigo de extinción.
En 1982 a CBI determinou a fin da caza comercial, a través dunha moratoria internacional sobre a caza de baleas, que se fixo efectiva na temporada 1985-1986. Mentres Islandia e Corea do Sur usaron o regulamento para conseguir permisos especiais, Xapón, Noruega, Perú e a Unión Soviética desafiaron a decisión e continuaron cazando, xa que, segundo estes estados, a moratoria non se baseaba no asesoramento do Comité Científico. Xapón e Perú, finalmente, cambiarían de posición debido ás presións exercidas polos Estados Unidos.[5]
A pesar da moratoria, o artigo VIII da Convención que regulamenta a caza da balea [6] permite a captura con fins científicos. Valéndose desta excepción, Xapón oficialmente recoñece a prohibición comercial, pero iniciou a caza científica de baleas. Con este argmento, Xapón caza unhas 400 baleas ao ano.
Requírese unha maioría do 75 % dos países membros para revogar a medida.[7]
Países membros
A CBI está conformada na actualidade por 88 países membros, entre os cales se encontran Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Estados Unidos, España, Reino Unido, México, Países Baixos e Nova Zelandia.[8]
Dentro dos países membros da CBI hai dúas posturas:
- unha, maioritaria, a dos países que buscan protexer e conservar os cetáceos, e
- outra, moi minoritaria, a daqueles países que promoven a caza controlada para uso comercial, como son Noruega, Islandia e o Xapón.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Hoare, Philip (2010): Leviatán o la ballena. Ático De Los Libros. ISBN 978-84-937809-4-4.
- Tobío Fernández, L. (1927): "Aportazón ó estudo da historia da pesca da balea nas costas da Galiza", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos I, 89-93.
- Penas Patiño, X. M. e Piñeiro Seage, A. (1989): Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas ibéricas. Santiago: Xunta de Galicia. Consellería de Pesca, Dirección Xeral de Formación e Promoción Social Pesqueira. ISBN 84-453-0072-5.
- Schokkenbroek, Joost C. A. (2008): Trying-out: An Anatomy of Dutch Whaling and Sealing in the Nineteenth Century, 1815-1885. Amsterdam: Aksant Academic Publishers. ISBN 978-90-5260-283-7.
- Tönnesen, J. N. & Arne Odd Johnsen (1982): The history of modern Whaling. Londres: C. Hurst & Co. ISBN 978-0-905838-23-6; Canberra: Australian National University Press. ISBN 978-0-7081-0749-2; Berleley: University of California Press. ISBN 0-520-03973-4.
- Valdés Hansen, F. (2010): Los balleneros en Galicia (siglos XIII al XX). A Coruña: Fundación Barrié de la Maza. ISBN 978-84-95892-78-2.
Outros artigos
Ligazóns externas