O Club de París, é un foro informal de acredores oficiais e países debedores. A súa función é coordinar formas de pago e renegociación de débedas externas dos países e institucións de empréstito. Creouse en 1956 cando Arxentina estivo de acordo en efectuar un encontro cos seus acredores públicos. Acordo concluído o 16 de maio.
As reunións efectúanse en París de 10 a 11 veces ao ano entre sesións de renegociación, análises de débeda ou aspectos metodolóxicos. O Presidente das sesións é un alto funcionario de dirección da Tesourería de Francia. O Copresidente e Vicepresidente son tamén funcionarios da Tesourería de Francia.
Ata o ano 2007 celebráronse 399 acordos con 84 países debedores.
Malia ser un grupo informal ten os seguintes principios:
As decisións tómanse caso a caso, de acordo á situación do país debedor.
As decisións son tomadas por consenso entre os países acredores.
É condicional, trátase só con países que necesitan reestruturar a súa débeda e implementan reformas para resolver problemas de pago. Na práctica isto significa que debe haber un empréstito ou programa de reprogramación previamente aprobado por FMI.
Solidariedade, os acredores están de acordo en implantar os térmos de acordo.
Igualdade de tratamento entre os acredores. Ningún país debedor pode dar un tratamento desfavorable a outro acredor co cal chegara a un consenso no Club de París.