Thomas S. Ricketts, Laura Ricketts, Pete Ricketts, Todd Ricketts, Joe Ricketts
Adestrador
David Ross
Director xeral
Jed Hoyer
Presidente
Theo Epstein
Os Chicago Cubs son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Chicago, Illinois. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da National League (NL). O equipo xoga os seus partidos como local en Wrigley Field, campo situado ao norte da cidade. Os Cubs son un dos dous equipos das Grandes Ligas da cidade, o outro, os Chicago White Sox compiten na Divisón Central da American League (AL). O equipo, primeiro coñecido co nome de White Stockings, foi un dos membros fundadores da National League en 1876, adoptando o seu actual nome en 1903.[1]
Os Cubs disputaron un total de once Series Mundiais na súa historia. A súa primeira aparición foi en 1906, cando o equipo conseguiu gañar 116 xogos (116–36). Este récord supón a mellor porcentaxe de vitorias (76,3 %) da rera moderna das grandes ligas. A pesar de todo, perderon nas Series Mundiais ante os Chicago White Sox ("The Hitless Wonders") por catro xogos a dous. Nas dúas seguintes temporadas, 1907 e 1908, o equipo consegue gañar dous campionatos consecutivos, sendo o primeiro equipo en conseuir disputar as Series Mundiais tres veces consecutivas. Porén, o equipo non consegue gañar o campionato de novo até 108 anos despois, cando conseguiron vencer nas Series Mundiais de 2016 aos Cleveland Indians. Esta serie de 108 anos sen gañar o campionato foi a máis longa de historia no deporte profesional estadounidense.