Os Atlanta Braves son un equipo profesional das Grandes Ligas de Béisbol con sede na cidade de Atlanta, Xeorxia. Forman parte da División Leste da Liga Nacional de béisbol. É o único equipo de béisbol das grandes ligas que foi campión mundial en tres cidades diferentes (Bravos de Boston en 1914, Bravos de Milwaukee en 1957 e Bravos de Atlanta en 1995).
Grandes xogadores
Membros do Salón da fama
A seguinte é unha lista dos xogadores dos Atlanta Braves que foron incluídos no salón da fama do béisbol.[1]
Afiliación de acordo ao Salón da Fama do Béisbol e Museo Nacional de Béisbol.
Nomes en letras grosas Exaltados como Bravos.
Non ten insignia na gorra ou non emprega gorra.
Números Retirados
Os Atlanta Braves retiraron 11 números na historia da franquía, o máis recente foi o número 10 pertencente a Larry Wayne Jones Jr., máis coñecido como Chipper Jones, que foi retirado no Turner Field o 28 de xuño de 2013. O 8 de xuño de 2012 retirouse o número 29 de John Smoltz, e anteriormente retiráronse o 6 de Bobby Cox no 2011, o 47 de Tom Glavine no 2010 e o 31 de Greg Maddux no 2009. Os outros números retirados son o 44 de Hank Aaron, Dale Murphy co 3, Phil Niekro 35, Eddie Matthews 41, Warren Spahn 21 e o 42 de Jackie Robinson, o cal está retirado por tódolos equipos con excepción de Mariano Rivera dos Yankees.[2]