Os Pittsburgh Pirates son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Pittsburgh, Pensilvania. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da National League (NL). O equipo xoga os seus partidos como local no PNC Park, campo con capacidade para 38.362 espectadores. Fundada o 15 de outubro de 1881 co nome de Allegheny,[1] a franquía conseguiu gañar en cinco ocasións a Serie Mundial. Os Pirates tamén son coñecidos como os "Bucs" ou os "Buccos", palabras derivadas de bucaneiro (sinónimo de pirata).